miércoles, 29 de abril de 2015

Unha década acompañando lactancias



 
 
Bico de leite somos mulleres, somos nais,e tamén somos nenas e nenos, país, avós e avoas, amigas e amigos...

Bico de leite é tamén un lugar, un punto de encontro, un sitio distinto onde damos teta, pero tamén onde damos outras cousas, damos alento e agarimo, damos información e comprensión, damos axuda práctica, respostas, pero tamén interrogacións... para seguir aprendendo.

Bico de Leite é unha parte dunha trama formada por moitos grupos e moitas persoas unidos por uns fins e un sentir común, que se atopa cando decides aleitar e sobre todo cando comezas a aprender algo máis sobre o que iso significa para as nenas e nenos, para as nais, para as familias, e para toda a sociedade.

Bico de Leite é un soño, onde todas as nais que o desexan poden amamantar todo o tempo que elas e os seus meniños queren...

Bico de leite é unha loita e un sentimento, é un saber que é posible construir un mundo mellor...

Por todo isto, dámosvos as grazas, por crer en nós, por axudarnos, por colaborar e participar, por compartirnos as túas experiencias. Grazas ás socias e ás asesoras, por dar ese anaquiño de vós, ás nais, e a todas as que fixestes, facemos e faran,... para seguir dando información e apoio a quen o desexe ou precise, e facer medrar esta gran familia que hoxe somos: "Bico de Leite". Agardámosvos o día 1o de maio na Casa da Xuventude a partires das 10.30 horas para pasar o día xuntos.
 
Non esquezades inscribirvos para o xantar no noso correo electrónico bicodeleite@yahoo.es

 
Grazas
Bicos... de leite

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada