lunes, 20 de abril de 2015

Suspensión do contrato por risco para a lactancia


Achéganos unha das nosas socias a sentenza favorable que obtivo sobre a suspensión do contrato por risco para a lactancia, e que xenerosamente nos cedeu para que vos contemos o que nela se recolle e que pode ser interesante para quen se atope en situación similar.

A sentenza recolle que a exposición da traballadora en situación de lactancia natural a axentes, procedementos ou condicións de traballo que poidan influir negativamente na saúde das traballadoras ou do lactante esixe unha avaliación de ditos riscos e que esta ha de ser específica, é dicir, alcanzar á determinación da natureza, grao e duración da exposición, coñecendo con detalle a natureza, extension, características, tempo de exposición e seguimento da existencia do mesmo, e que o empresario debe adoptar as medidas necesarias para evitar a exposición a ditos riscos a través dunha adaptación das condicións ou do tempo de traballo da traballadora afectada.

Cando esta adaptación non sexa posible, ou resulta insuficiente, a traballadora deberá pasar a desenvolver una posto de traballo ou función diferente e compatible co seu estado, podendo incluso ser destinada a un posto non correspondente ao seu grupo ou categoría equivalente, se ben conservando o dereito ao conxunto de retribucións do seu posto de orixe.

E só cando todo elo non sexa posible, poderá declararse o paso da traballdora afectada á situación de suspensión do contrato por risco durante o embarazo durante o período necesario para a protección da súa seguridade ou da súa saúde, e mentras persista a imposibilidade de reincorporarse ao seu posto anterior ou a outro posto compatible co seu estado.

En concreto, entende esta sentenza que a non existencia de seguridade no transporte e conservación de leite, así como que non se dispoña das condicións de intimidade e hixiene necesarias para a extracción supón que se produza un impedimento da normal pauta das tomas propias da lactancia natural, así como a extracción do leite, o cal pode comportar riscos para a saúde da nai como é a mastite, ou para a propia subsistencia da lactancia natural como é a inhibición definitiva do leite.

Así que xa sabedes, ter as condicións axeitadas para manter a lactancia materna dos nosos bebés, e o noso dereito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario