domingo, 8 de febrero de 2015

ASAMBLEA DE BICO DE LEITE

Hoxe celebramos a asemblea que realizamos anualmente en Bico de Leite.

Temos que ir adiantando que celebramos o décimo ano dende que un grupo moi valente de nais se uniron para promover a lactación materna e axudar a outras nais que estaban en período de lactacion ou moi proximo a iso.

Contarémosvos todas as ideas que xurdiron, que non son poucas. En cada unha das actividades que realizamos temos posta moita ilusion e esperamos que todas e cada unha delas sexan do voso agrado.

Renovamos a Xunta directiva, dar a benvida a Gloria (vicepresidenta), Cristina (secretaria) e Carolina (Tesoureira). Como presidenta darvos a benvida e moitas grazas por dar ese aire fresco e renovador a Bico.
Pero tamén dar as grazas a ArantxaTamar e Esther (antigas compañeiras da Xunta directiva) polo traballo realizado, por todo o esforzo e por todo o tempo que invertis en Bico de Leite. Foron anos dificiles e cheos de traballo, que vos vou contar....

Pero Bico está cheo de enerxia e forza.... seguimos adiante !!!

Vanessa
Presidenta de Bico de Leite

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada