miércoles, 29 de enero de 2014

O PESO NOS BEBÉS AMAMANTADOS


Este venres temos a nosa xuntanza temática, de 17 a 19h na Aula de educación maternal do SERGAS, na r/ Doutor García Portela 11-baixo.

Imos falar do peso do bebé. O crecemento das nosas fillas e fillos, é algo que nos preocupa as nais e os pais.

As veces estas preocupacións son infundadas froito de mitos, prexuizos ou desinformación...e as veces non.

Existen a nivel mundial de unhas táboas de crecemento dos bebés, elaboradas pola Organización Mundial da Saúde, que serven universalmente e están feitas con bebés aleitados exclusivamente con leite materno, sans e procedentes de distintos países do mundo.

Estas táboas son unha ferramenta moi válida para estudar o crecemento dun bebé, pero non quere dicir que os nenos teñan que se adaptar perfectamente aos percentis, xa que estas curvas non son mais que aproximacións estatísticas.

As primeiras semanas o aumento do peso debe ser controlado para que sexa adecuado e suficiente. Ainda que o rango do aumento normal de peso é moi amplo e depende de cada neno/a.

Cada bebé ten o seu ritmo de crecemento, hai bebés de teta que medran moito e moi axiña, e outros que non. Estando todos igual de sans.

Se queredes saber máis sobre este tema, ou tendes calquera outra dúbida/consulta e vos apetece falar, agardámosvos, como cada venres no noso local da Rúa García Portela.


No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada