domingo, 21 de abril de 2013

Xuntanza Temática Abril: O Destete


O derradeiro venres de abril adicaremos a nosa xuntanza temática mensual ao DESTETE.

A idade en que o neno ou nena deixa de mamar de xeito espontáneo é variable, mais cando chega ese momento, a nai adoita ter sentimentos ambivalentes: dunha banda, sente fachenda por ter cumprido a súa función, mais doutra, sente mágoa porque bota de menos os momentos do aleitamento.

Non obstante, tamén hai situacións nas que a nai, por diversos motivos, desexa destetar. Nelas recoméndase non ofrecer e non negar, coa finalidade de que o destete sexa paulatino e respectuoso co neno ou nena, xa que se trata dun gran cambio, tanto desde a perspectiva nutricional como emocional.
Aquí tendes información máis polo miúdo.

Lembrámosvos que, sexa como sexa o voso destete, natural ou dirixido, podedes buscar apoio na nosa asociación.

Deste tema falaremos máis ampliamente o venres 26 de abril. Coma sempre, tamén resolveremos as vosas dúbidas sobre outros aspetos da lactación materna.

Será de 17 a 19 h na Aula de Educación Maternal do Sergas sita na rúa Doutor Portela nº 11 baixo Lugo.

Agardámosvos!


No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada