jueves, 7 de marzo de 2013

Trasladamos a Xuntanza Temática do Marzo: Fertilidade e lactancia. Lactancia en tándem

A reunión temática do mes de marzo trasládase ao venres 8 de marzo na reunión de tarde por seres o último venres de mes Venres Santo e non haber reunión.

Adicaremos  a falar sobre o tema da FERTILIDADE, EMBARAZO E LACTANCIA. Método MELA e lactancia materna en tándem. Seguro que moitas de vós tendes dúbidas sobre algúns destes temas:

É aleitar sempre un método anticonceptivo?
Estou lactando e quedei embarazada, teño que destetar ó meu neno?
En que casos é perigoso seguir lactando durante o embarazo?
En que consiste un tándem?

Despois encantaranos conversar con vós e compartir experiencias.

Estas e outras dúbidas podedes plantexalas o vindeiro venres día 08 de marzo, de 17 a 19 horas no local da rúa García Portela 11, baixo.
 
Coma sempre agardámosvos acompañadas polos vosos bebés, nenos ou demáis compañía. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada