sábado, 15 de diciembre de 2012

Crises de crecemento II


(traducido e adaptado de www.lactaranda.org.es)

2011-12-16 20_00_03

CRISE dos 6 MESES 
- Non ocorre en todos os bebés. 
-Ao introducir a alimentación complementaria (AC), algúns apaixóanse con ela e teñen pouca gana de mamar. Entón a nai intenta darlle e o bebé négase, anóxase, podendo mesmo mordela.
- Case non maman polo día, enfádanse e morden o peito... Así as nais interpretan que rexeitan o peito porque xa non o precisan... Porén, un bebé desta idade aínda precisa un grande aporte de leite. Cómpre ter paciencia e agardar a que recupere o interese por mamar. Non se trata de perseguir ao bebé coa teta, senón de favorecer o contacto físico (p.e. mediante o porteo), coa finalidade de que vexa o peito coma unha opción, non coma unha obriga.

CRISE dos 8-9 MESES 
- Non ocorre en todos os bebés
- Pode manifestarse de dous xeitos opostos:
1. Hai bebés que prefiren gatear, experimentar, tocar… antes que mamar. Cando a nai lles ofrece o peito, enfádanse, choran... Non queren teta, senón fuxir facer outras cousas...
- Máis ca o peito o que rexeitan é a postura: aleitalos de pé é máis efectivo (xa non gostan da posición de berce)
- Poden morder o peito con insistencia. 
- Dormidos ou adormiñados maman ben. Só rexeitan o peito cando hai acción. 
2. A outros bebés pásalles o contrario. Comezan coa angustia de separación e maman moitísimo: fan constantes "chupitos" de peito para impedir que súa nai desapareza, pois sinten que pode desaparecer en calquera momento.

CRISE do ANO
- Ao ano só maman, non comen doutros alimentos.
- Os que comían AC deixan de comer e só maman, e los que non comían doutras cousas, seguen querendo só mamar. 
- Isto débese a que ao ano deixan de crecer durante un período duns 6 meses, e só coa enerxía aportada polo leite materno e un pouquiño de AC teñen dabondo.

CRISE dos DOUS ANOS
- Aos dous anos parecen acabados de nacer.
- É unha etapa complicada e a maneira de reencontrarse coa nai é o peito. Con el consólanse e pasan unha tempada de altísima demanda.
Moitas nais que superaron as anteriores crises viven os dous anos con grande angustia. Afortunadamente, é a derradeira crise.

Susana
bicodeleite@yahoo.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada