jueves, 7 de junio de 2012

Día dos Dereitos do Nacemento


“Lo que ocurre en los paritorios se parece tanto a un nacimiento
como la inseminación artificial a la relación sexual,
o la alimentación a través de un tubo al acto de comer”
R. Laing, psiquiatra


Hoxe 7 de xuño celébrase o día dos Dereitos do Recén Nacidos.

A Plataforma Pro Dereitos do Nacemento foi formada fai xa unha década por un grupo de pais e profesionais de diversos campos co obxectivo de crear unha "Nova Cultura do Nacemento", denunciar publicamente a situación que viven moitas madres e os seus recén nacidos no momento de dar a luz, achegar información e formación sobre estes temas e apoiar aos pais que queren proporcionar ao seu fillo unha mellor benvida á vida.
A presidenta da Plataforma, Angeles Hinojosa, explica nesta entrevista a situación actual dos partos, as súas consecuencias e as súas solucións:

http://www.elblogalternativo.com/2009/06/07/angeles-hinojosa-y-como-influye-la-forma-de-nacer-en-la-persona-y-la-sociedad-22/

Dereitos que deberían ser respectados en todos os centros sanitarios do noso país:

(fonte: http://pdn.pangea.org/plataforma.html)

1º O bebé ten dereito ao recoñecemento e ao respecto da súa capacidade física e mais das súas necesidades emocionais, tanto na súa vida intrauterina como na extrauterina e especialmente durante o tránsito entre ambas.

2º O bebé ten dereito a ser atendido persoalmente pola súa nai, como mínimo, durante o primeiro ano de vida. A nai ten dereito a gozar do contacto íntimo co seu bebé durante a súa estada no hospital.

3º O bebé e a súa nai teñen dereito á intimidade e ao respecto. O lugar, o ambiente e mais a compañía no momento do parto/nacemento deben coidarse con esmero. (1)

4º O bebé e a súa nai teñen dereito a ser os principais protagonistas do parto/nacemento, e a que se respecten o seu momento e mais o seu ritmo.

5º O bebé e a súa nai teñen dereito a que o seu nacemento/parto transcorra de xeito fisiolóxico e sen intervencións innecesarias, como recomenda a OMS. (2)

6º O bebé ten dereito a ser acollido pola súa nai tras o nacemento e a ficar xuntos nas horas seguintes e durante toda a estada no hospital. Ningunha exploración de rutina xustifica a separación do bebé da súa nai. (2)

7º O bebé e a súa nai teñen o dereito a que durante a súa estada no hospital se respecten os “10 pasos para unha lactación feliz”, establecidos por UNICEF mais a OMS e asumidos pola Asociación Española de Pediatría, e a gozar da lactación materna a demanda como mínimo até os 2 anos. (3)

8º O pai e a nai teñen a obriga de buscar e o dereito a recibir toda a información e, ben asesorados, tomar persoalmente todas as decisións relacionadas co benestar do bebé.

9º O bebé intraútero ten dereito a que se evite toda situación que poida provocar a perda de benestar emocional na súa nai. O exceso e abuso de controis durante a xestación poñen en perigo a confianza da xestante e ameazan o lugar de benestar natural que supón o útero. (4)

10º O bebé prematuro ten dereito a ficar pegado ao corpo da súa nai até que acade o peso e as condicións óptimas de saúde. Ningunha unidade de neonatoloxía é máis saudábel para o bebé ca a pel materna. Todo bebé prematuro ten dereito a ser incubado co Método Nai Canguro. (5)

Referencias
1.Principios OMS sobre coidado perinatal
http://www.elpartoesnuestro.es/index.php?option=com_content&task=view&id=112&Itemid=81

2."Cuidados en el parto normal: una guía práctica"
http://www.elpartoesnuestro.es/components/com_docman/documents/Cuidados_parto_normal.pdf)

3.Iniciativa pola humanización da asistencia ao nacemento e pola lactancia
http://www.ihan.org.es/

4."El posible efecto nocebo del cuidado perinatal" , Dr. Michel Odent
www.birthworks.org/primalhealth

5.Dereitos do neno hospitalizado
http://hospitalalassia.com/burocratica/Derechoninosinternado.htm






No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada