viernes, 5 de agosto de 2011

Amnesia colectiva

na praia

Nestas vacacións tiven tempo de reflexionar por que a xente fita as nais lactantes...
Paseando pola praia observei que xa está socialmente aceptado que algunhas mulleres non levemos a parte de arriba do bikini. Porén, cando eu ía porteando e aleitando a miña filla as mais das persoas que nos cruzabamos nos miraban coma se estivesen a ver un dinosaurio ou unha pantasma...
E un día algo fixo clic na miña cabeciña e entendín por que semellante escea (que debería ser normal e cotiá) desencadeaba semellante reacción:
     
Vivimos nunha sociedade que esqueceu para que temos tetas.

(Mentres nos limitemos a amosalas, tolérase, mais se as empregamos para nutrir aos nosos fillos e ás nosas fillas (fóra da intimidade do noso fogar), xa non pasan inadvertidas...)

Susana

1 comentario:

  1. Si, por desgracia, esa é a sociedade na que vivimos... "Mamar, que asco!" Ao que eu digo, "que asco de sociedade".
    Agora xa non tenho vergonha ningunha de amosar as minhas maravillosas tetas revosantes de leite onde sexa.
    Consideroo como activismo social do mais placenteiro!

    ResponderEliminar