viernes, 8 de julio de 2011

O leite materno está contaminado?

contaminación

  Onte saíu na televisión esta nova:
  "A causa da baixa calidade do esperma dos homes podería estar nos contaminantes que afectan ás nais, durante o embarazo e a lactancia. Analizouse leite materno de mulleres galegas e catalás e todos estaban contaminados por diversos tóxicos"
  Aquí temos un vello tema (hai estudios deste tipo en diversos países dende hai moitos moitos anos), sempre igual de mal tratado polos medios, e, o que é peor, polos propios investigadores. Que, no canto de poñer o dedo acusador nos contaminantes, o poñen no leite materno, que queda como o verdadeiro culpable dos males dos pequenos.

 Pártese duns supostos verdadeiros:

-O leite é un marcador fiable da contaminación ambiental, porque leva unha mostra representativa da graxa da femia que o produce, e na graxa corporal acumúlanse case todos os tóxicos.
-Os tóxicos ambientais son abundantes na nosa sociedade industrial e nocivos para saúde. Moitos actúan como disruptores endocrinos, substituíndo ás hormonas e alterando a fisioloxía reprodutiva, entre outras.
-Os bebés nas súas primeiras etapas de crecemento, sobre todo intraútero, son especialmente sensíbeis a estes contaminantes.
-A calidade do semen e as taxas de fertilidade masculina están baixando a niveis preocupantes nas últimas décadas.

  Pero á vez ignóranse outros supostos igualmente certos e moi importantes para interpretar correctamente os resultados do estudo:

-As taxas de lactación materna dende hai case un século son tan baixas en todo o mundo que a maior parte da poboación apenas recibiu leite materno na súa infancia, ou non o recibiu en absoluto.
-O leite de vaca tamén ten unha alta concentración de contaminantes e tóxicos ambientais (que, non vos enganedes, non eliminan ao procesar o leite para adaptalo aos bebés). 
-Ademais de carecer da grande maioría dos compoñentes normais do leite da propia especie, o leite artificial en si é malo para a saúde.

 Polo tanto, a miña conclusión directa é que se cadra é mais ben a FALLA de leite humano o que podería estar causando esta epidemia de infertilidade, xunto coa elevada e preocupante concentración de tóxicos por contaminantes ambientais, tanto no aire que respiramos como na auga que bebemos, ou na totalidade dos alimentos que inxerimos ao longo da nosa vida.

  Daría risa se non fose que é para chorar, que xusto teñan que sinalar co dedo ao alimento máis natural e mellor adaptado ás nosas necesidades, o máis seguro,  o máis nutritivo e o único que realmente nos protexe de enfermar: o leite humano.
Estaría ben que fixesen un estudo de verdade prospectivo e caso-control, no que diferenciasen a calidade do esperma (dentro duns anos) dos nenos alimentados con leite humano comparándoo co esperma dos nenos alimentados con leite de vaca modificado. Teño para min que o resultado non variaría grande cousa... aínda que se cadra saían peor parados os de leite artificial... Non vos sería a primeira vez...
En calquera caso, o que debería preocuparnos a todos, comezando por científicos e políticos, son os contaminantes e a súa orixe, como diminuílos e facer que desaparezan da cadea alimentaria, e non do leite materno, onde van parar en última instancia.

  Pero xa sabemos que descontaminar o ambiente dá moitos menos cartos que vender leite artificial e tratamentos de fertilidade...

Patricia

1 comentario:

  1. Acaso está máis contaminada que o resto de alimentos que consumimos, por qué sempre se está poñendo en duda ás cualidades da leite materna.
    Menos mal que ainda que se olviden de falar deka na elaboración de leis e se trate de buscarlle defectos continuamente, realmente no noso interior todos sabemos que é o mellor.
    Como eu son bastante aficionada a moda encantoume ver a moitas modelos presumindo de dar teta, actualmente un bo exemplo é Miranda Kerr, gracias a todas elas.

    ResponderEliminar