lunes, 4 de julio de 2011
Máis ca un congreso
Onte volvín de Castelldefells. Coma "asesora en formación", esta foi a miña primeira vez nun congreso sobre lactación materna e, a verdade, foi toda unha experiencia...
Venres 1 de xullo
Comezamos co relatorio inaugural, un relatorio sen relator, xa que se trataba dunha fermosa presentación con reflexións filosóficas e históricas sobre a lactación materna e cos (moi emotivos) relatos de tres nais.
A continuación aprendemos (eu, moitísimo) sobre inmunidade e síntese do leite materno, coas doutoras Ana Martín e Catherine W. Genna.
Á tarde, tralas comunicacións de profesionais, rimos co sentido de humor de Carlos González falando da alimentación complementaria (aproveito para anunciarvos que as papillas teñen os días contados!) e gozamos das explicacións da neonatóloga Concha de Alba sobre o apego.
Sábado 2 de xullo
Este día tivemos a sorte de escoitar a Catherine W. Genna en dúas ocasións: pola mañá falounos da comunicación e da integración sensorial dos bebés e pola tarde das "bandeiras vermellas" é dicir, dos sinais, ben da nai, ben do bebé, aos que debemos estar atentas as asesoras. Catherine é unha recoñecida experta, unha excelente comunicadora e unha encantadora persoa. Aquí podedes vela coa nosa Patricia:
A media mañá Carmela Baeza ofreceunos unha intervención preciosa (unha das miñas preferidas) sobre lactación materna e sexualidade, á que seguiu unha mesa redonda sobre os grupos de apoio.
Comezamos a tarde coas comunicacións libres e unha das elixidas foi a de Patricia, sobre dous casos de hipogalactia, o cal é unha grande fachenda para Bico de leite! E para que compartades esta alegría connosco, velaquí unha fotiño:
A clausura do evento correu a cargo de Rosa Jové, que reflexionou sobre cómo coa lactación materna podemos mellorar a economía, o medio ambiente, a conciencia cidadá... o mundo, en definitiva...
... E isto era precisamente o que se respiraba neste evento:
A pertenza a un movemento social imparábel
A solidariedade entre nais
O amor por nosos fillos e nosas fillas
O valor dos sentimentos
A sensación de que PODEMOS
... Vamos, que estou desexando que sexa o Congreso Fedalma do ano que vén!;)
Susana
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
graciñas Susana pore esta entrada, fixéchesme recordar o bonito que fora para min o Congreso de Santiago!
ResponderEliminarNoraboa a Bico de leite por esa presentación de Patricia!
unha aperta agarimosa
Gracias Susana!! que ben explicado, alégrome moito desta bonita experiencia. A miña noraboa a Patricia, e a todo Bico de Leite, pola presentación de hipogalactia, estades feitas unhas máquinas!!! moitos bicos.
ResponderEliminarGraciñas ás dúas!!!
ResponderEliminarUnha aperta grande,
Susana