lunes, 20 de junio de 2011

Cousas que nos din ás nais lactantes...

Este pareceunos un tema interesante... Velaquí algúns exemplos:

Aínda tés leite?
Aínda lle dás a teta?/Até cando lle vas dar a teta? 
Tes que comer/beber moito máis


Ocórrensenos moitas máis frases, mais preferimos que participedes as nais que nos estades a ler... Contádenos, que comentarios sobre a lactación atopades absurdos?
 

10 comentarios:

  1. Pois aqui vai a miña aportación con as duas frases que mas me dixeron a min.

    Se teño leite, dareille a teta
    Pero a leite pódese conxelar??

    Bicos
    Vanessa

    ResponderEliminar
  2. pero non é moi maior para seguir dándolle o peito?

    ResponderEliminar
  3. Cando xa ten dentes: "e non te morde?"

    ResponderEliminar
  4. Parecidas as vosas:
    - ainda lle das teta? POBRIÑO!
    - estás obsesionada con que é mellor darlle teta, eu teño dúas e a que non tomou teta sempre foi máis sana e durmiu mellor ca outra (que tomou teta un mes!!), e ademáis non estaba tan "atada" coma a ti.
    - co ben que se crían co biberon!

    ResponderEliminar
  5. -Versión 1: ¿xa está na teta outra vez? ai filla, pero este neno está acabando contigo!

    -Versión 2:(dirixíndose ó neno) ¿como que teta? tes que ir deixando un pouco tranquila á mamá, eh!

    ResponderEliminar
  6. Unha nai me dixo unha vez: "eu non poiden dar a teta porque son asmática"
    Ainda alucino cada vez que o lembro...

    Tamén escoitei moitas veces o de: "ainda lle das a teta? E non te morde??"

    María José

    ResponderEliminar
  7. Después de todo el día sin ver al niño: "¿Pero le vas a dar teta ahora? No creo que quiera, acaba de comer" (y decimos el niño y yo: JA JA JA)

    Lucía

    ResponderEliminar
  8. A estas alturas o que me digan a min xa non me afecta moito, pero o que me ofende é cando se dirixen á miña nena e lle din, en ton despectivo "pero se xa es moi grande para tomar teta".
    E unha que me deixou perplexa foi a contestación cun coñecido que é dentista, cando lle dixen que a miña nena mamaba, daquela tiña 13 meses "xa che digo eu que o estás a facer moi mal, a partir dos 6 meses os bebés non deben tomar máis leite, porque a teta deforma a boca, non ves os animais que en canto emepezan con outras comidas deixan de mamar, como os elefantes"

    ResponderEliminar
  9. Con Elián me han dicho "Siempre que veo a este niño está comiendo", y respecto al tandem con Santiago me preguntaron si sólo le daba por un pecho a cada uno. De Santiago tambien me han dicho que "no ha de querer teta, porque ya comió comidita DE LA BUENA". Cuando estaba recuperandome de la neumonia, me parecia que iba lento, y me dijeran que claro, que mientras estuviera dando el pecho, no me pondria buena...y yo me pregunto, por que no mejor, mientras siguiera cocinando, limpiando, lavando, etc., y no con el reposo adecuado, claro, no me iba a poner buena!!!

    ResponderEliminar
  10. Graciñas a todas polas vosas aportacións!
    Temos que facer logo máis entradas participativas, visto que son un éxito;)
    Biquiños de leite

    ResponderEliminar