miércoles, 30 de marzo de 2011

Excesos varios

O único que precisa un bebé son unha nai e mais un pai dispostos a cambiar (Laura Gutman)



Eu son Susana e teño unha nena de case ano e medio, o cal me permite ver con claridade a morea de obxectos superfluos que acumulei para o seu nacemento:
- Berce (durme connosco desde a alta hospitalaria)
- Carriño (aparqueino cando ela tiña seis semanas e descubrín os portabebés) 
- Hamaca (que imita o balanceo do camiñar materno -os bebés prefiren o orixinal!)
- Mamadeiras e chupetes (usamos a teta para todo)
- Cantidades inxentes de roupa (cando, aínda hoxe, pasa a maior parte do tempo en pixama)
- Babeiros e puchos (non os atura)
- Xoguetes con moitas luces e sons (e o que realmente a apaixoa son os botes, os cargadores de móbil e mais as pinzas da roupa)
- Caixas de publicidade e mostras que nos deron nos cursos de educación maternal (e xa postos, o tempo que invertín asistindo a eles...)
- Consellos infundados, non pedidos e contradictorios entre sí
Máis adiante aínda me insistiron en que mercase andador, parqueciño e cadeira de paseo... Mais xa non caín;)

Cal é a vosa experiencia neste tema?

3 comentarios:

  1. Canta razón tes Susana,eu indignome cando falan do que "custa" en cartos ter un neno o primeiro ano ( preto de 6000€ creo)...os meus tres xa onde vai que o deixaron atrás e dou fe que sendo bebés é cando menos "custan" en cartos...meus pobres! se non precisan nin piden mais nada que á preseneza de outros seres humanos....por qué nos costará tanto darnos, e só pensamos en mercar sustitutos para todo

    ResponderEliminar
  2. Iria Sabela Gómez Pérez1 de abril de 2011, 0:42

    Mi caso es muy parecido al tuyo Susana, tengo un altillo lleno de cosas casi sin usar, con lo bonito que es poder disfrutar con ellos!!! El mejor regalo que me hicieron fue un portabebes (pouch), la mejor manera de tenerlo cerca de mi, el artilugio más barato y sencillo que hemos tenido y que más nos gusta!!

    ResponderEliminar
  3. Grazas polos vosos comentarios;)
    Unha aperta ás dúas,
    Susana

    ResponderEliminar