Aí van algunas situacións que me aconteceron coa miña Icía en relación á publicidade, que está tan presente nas nosas vidas e nas dos nosos pequenos e que inflúen tanto no comportamento da nosa sociedade e que polo tanto debera de coidarse moi moito o que nos medios de comunicación aparece.
En primeiro lugar, quixeramos felicitar a Leyma polo seu anuncio de leite
Non só é acertado o texto senón tamén a imaxe na que se mostra a un neno maiorciño en primeiro plano chuchando da teta. Con imaxes como esta contribúese a normalizar o feito de que os nenos e as nenas máis grandiños tamén toman e deben tomar teta, e que o mellor leite é o materno. Mágoa que o retirasen tan rápido das rúas porque merece estar moito tempo a ver se chega a mensaxe a mási xente. E sería ideal que se lanzasen a facer un na tele, ou para a prensa escrita.
Este tipo de imaxes é moi pouco habitual atopalas polas rúas, nas revistas, na tele... e de feito a miña filla ao ver o anuncio dende o coche dixo moi sorprendida: “Mamá, mira unha foto do Aldán!” Parecíalle que só podia ser unha desas fotos que están nas paredes da casa.
Ás veces me deixa sorprendida cos seus comentarios, como cando vimos por primeira vez na tele o anuncio de Milupa de Leite artificial, que por outra banda raia a ilegalidade ao supor unha violación do código facendo unha clara comparación entre o leite artificial e o materno intentando igualar as súas características e benefícios para facer crer ás nais que é tan bo como o leite materno. Parece como se estivesen promovendo unha rivalidade entre as nais que dan biberón e as que damos teta, que non existe nin debemos de fomentar xa que detrás de cada nai e cada fillo/a hai situacións particulares e imcomparables, entre outras moitas a falta de apoio e información no que a lactancia materna se refire. Os grupos de apoio á lactancia, por desgracia, non chegamos tan lonxe como anuncios como este con moito maior efecto mediático.
A Icía quedouse moi atenta e cando remata e di “Porque un bebé sano es un bebé feliz” ela dixo moi chea de razón: Feliz sería se tomara teta!!!
E xa para rematar, o anuncio da “Barbie entrenadora de delfins”, no que para colmo dos colmos aparece dándolle un biberón ao bebé delfin. E claro, ante a miña indignación dígolle a Icía . “Menuda, pero se os delfíns non toman bibe!” e Icía contesta “Tranquila mamá é só para xogar!!!! De verdade toma teta.” Demostroume así que ten claras as cousas non si?
Pois só me queda invitarvos a reflexionar sobre o que se nos mostra constantemente nos medios como o alimento dos nosos nenos e nenas....neste momento son excepcións os anuncios que mostran mamás aleitando aos seus nenos ou anuncios como do que xa vos falamos sobre lactancia materna clasificado como de contido non apto para menores en you tube. En fin!
Catuxa
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario