Par saber máis: El Parto es Nuestro - Inicio, e O Parto é Noso
Se vos parece un tema interesante e queredes colaborar podedes axudarnos imprimindo o cartel da reunión e poñéndoo onde vos pareza. Tédelo tamén na sección DIFÚNDEO da coluna da dereita.
Cartel da reunión.
PARIR EN LIBERDADE
Así se chama o libro da sabia e experimentada comadroa arxentina Raquel Schallman “Parir en libertad” un fermoso título.
¿Que é o que nos pode dar esa liberdade?
Primeiro de nada a información ( a verdade faravos libres)... , cando sabes que é o que pasa, que é o que pode pasar, cales son as verdadeiras consecuencias de facer ou non facer certas cousas; entón podes decidir, podes elixir..., es libre.
Se non sabes nada de certo, ou se só che contan o que a alguén lle interesa que saibas, acabouse a elección, estás vendida, estás presa....
Despois, precisamos que as circunstancias sexan propicias; as circunstancias, cando vas parir, véñense a resumir nunha: en quen está o teu carón.
Hai tantas posibilidades coma persoas... Pero hai basicamente dous tipos de acompañantes no parto:
Os que teñen medo,ou presa ; e os que non teñen medo nin teñen presa.
Nos hospitais que temos en España case sempre hai medo, e presa, todo pode saír mal, todo se pode complicar, sempre pode haber unha emerxencia, os hospitais son o fogar das emerxencias...
Non son, en xeral, un bo sitio para un parto con liberdade. Son a casa dos partos dirixidos, intervidos, violentos, roubados, tristes...
Nas casas tamén pode haber medo, tamén pode haber emerxencias... Pero cando estamos nun lugar seguro e na compaña de alguén que nos dá seguridade, o medo pasa, a vida flúe...
Quen nos quitará as dúbidas? Quen nos dará a forza? Quen nos fará sentir que si podemos parir en liberdade?
Cada muller ten que atopar as súas respostas.
Raquel Schallman sabe bastante de todo isto, ela ten acompañado a moitas, moitas mulleres na procura desa liberdade para parir ben, non só para parir fillos vivos e sobrevivir...
Ela tamén acompañou a moitos profesionais que aprenderon a atender os partos guiados pola liberdade da muller e da vida, e non pola presa e o medo...
Todo precisa a súa aprendizaxe
Patricia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario