lunes, 13 de octubre de 2014
lunes, 6 de octubre de 2014
NOTA INFORMATIVA
Lamentamos comunicarvos que, pese ao noso ofrecemento voluntario como outros anos para decorar e atender o caseto de lactancia que se viña instalando no feiral por San Froilán para que as familias que o precisaran o utilizaran para amamantar, cambiar aos seus bebés ou o que necesitaran, este ano, o Concello de Lugo decidiu non poñelo sen que sequera se nos informara dos motivos.
Dende Bico de leite sentimos que se poña fin a unha colaboración que xa duraba anos e se deixe de dar un servizo que nos consta que era utilizado e apreciado polas familias lucenses e polas de fora que se achegaban a visitar a nosa cidade.
Dende Bico de leite desexámosvos un feliz San Froilán
viernes, 3 de octubre de 2014
LACTANCIA MATERNA ¡UN TRIUNFO PARA TODA A VIDA!
Esta semana celébrase en Europa a Semana Mundial da Lactancia Materna, que este ano leva por lema LACTANCIA MATERNA ¡UN TRIUNFO PARA TODA A VIDA!
Os obxectivos da SMLM 2014 son:
- Informar sobre os "Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio" e como se relacionan coa lactación materna e a alimentación do lactante e do neno pequeno.
- Mostrar os progresos realizados na alimentación do lactante e do neno pequeno e chamar a atención sobre os principais baleiros que presenta neste momento.
- Chamar a atención sobre a importancia de intensificar as accións para protexer, promover e apoiar a lactación materna como unha intervención clave nos "Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) ".
- Estimular o interese entre os mozos de ambos os dous sexos para percibir a relevancia da lactación materna no mundo actual.
Dende Bico de Leite,
Recoñecemos:
- Que a lactación materna é un Dereito de todas as familias.
- Que o apoio ás familias que aleitan pasa por unha boa información, unha boa atención sanitaria, o respecto social, medidas de conciliación familiar e laboral axeitadas e tamén pola implicación de todos os seus membros e da comunidade.
- Que o apoio "nai a nai" é unha forma de apoio social e comunitario baseado na axuda mutua entre persoas que comparten unha mesma experiencia, a de aleitar os seus fillos e fillas.
- En 1190 os gobernos e as Nacións Unidas estableceron os "Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio" para combater a pobreza e promover o desenvolvemento saudable e sostible no 2015 e máis alá.
- Que aínda que se avanzou moito na consecución dos "Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio" aínda quedan gran cantidade de "asuntos pendentes".
- Que protexer, promover e apoiar a lactación materna, contribúe de xeito substancial á consecución de cada un dos "Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio".
- Que o apoio social e comunitario "nai a nai" que ofrecen os grupos de apoio á lactación demostrou ser unha ferramenta eficaz de ofrecer apoio ás mulleres que aleitan.
- Dar visibilidade á importancia de aumentar e manter a protección, promoción e apoio á lactación materna na axenda post 2015.
E polo tanto, pedimos:
- Que se difundan os "Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio do Milenio" e como se relacionan coa lactación materna e a alimentación do lactante e o neno pequeno.
- Que os sistemas de saúde promovan a lactación materna e a axeitada incorporación de alimentos complementarios a partir dos 6 meses baseándose nas recomendacións de OMS e UNICEF.
- Que se informe sobre lactación materna e hábitos saudables de alimentación a todos os niveis, sobre todo aos mozos de ambos os dous sexos dende primaria e secundaria.
- Que as asociacións e grupos de apoio á lactación materna reciban apoio social e institucional para facilitar os seus servizos, actividades de apoio ás nais lactantes e a formación das súas asesoras.
jueves, 25 de septiembre de 2014
ESTE ANO VAINOS TOCAR !!!!
Dende xa esta á venda a lotaria de Nadal de Bico de Leite, O número é o mesmo que o ano pasado 18.909, e ben bonito non si?
Se eres socia podes colaborar vendendo ou ben podedela conseguir en calquera reunión de Bico, os venres, tanto en Lugo, Foz ou Burela e nos establecimientos colaboradores, Farmacia Rego Lodos en Avenida de las Américas 59, A despensa do avo Francisco en Rua Mallorca nº 2 e tamén en Gero Sonajero C/Portugal 53 (preto do colexio Divino Maestro).
Sorte para todas!
SUSPENDIDA a reunión deste próximo venres 26 de setembro
Estimadas Usuarias:
Pola presente desexamos avisar sobor do cambio no nosos lugar de reunións.
Como ben é sabido na nosa contorna, a asociación lucense pro lactancia materna "Bico de leite" ofrece reunións abertas e gratuitas para brindar apoio coa lactancia ás familias que así o precisen, tanto en Lugo como na Mariña.
Na cidade de Lugo, estas reunións son semanais, os venres, en horario de mañá ou de tarde, dependendo da semana.
O local onde desenvolvemos estas xuntanzas está sito na Rúa Doutor García Portela, e está amablemente cedido polo SERGAS para esta función.
A partir da semana que ven, este local vai ser pechado, trasladándose ao 3º andar do Edificio do SERGAS da Praza do Ferrol.
Agradecendo a disposición colaborativa do SERGAS, anunciamos que nos trasladamos a dito lugar, onde seguiremos a ofrecer os mesmos servizos gratuitos que ata o de agora, grazas ao traballo voluntario de nais experimentadas en lactancia e formadas como asesoras.
Por mor do traslado,e por causas loxísticas de falta de material e sala, vémonos na obriga de SUSPENDER a reunión deste próximo venres 26 de setembro, que tiña previsto ser de 17 a 19 hs.
A partires do venres 3 de outubro as nosas reunións seguirán a celebrarse con normalidade no novo local do 3º andar do edificio do SERGAS da Prza do Ferrol, coa frecuencia e os horarios de sempre.
Un codial saúdo,
Asociación lucense pro lactancia materna Bico de leite
martes, 5 de agosto de 2014
OBRADOIRO DE PORTEO NA MARIÑA LUCENSE
Esta fin de semana celebramos na Mariña, concretamente en Foz, un obradoiro de porteo impartido pola nosa compañeira Elena Belgrado.
A pesar dos inconvintes de última hora todo saiu perfecto e foi todo un éxito.
Deixovos unhas fotos que nos enviou Montse, responsable do grupo de Bico de Leite na costa.
Grazas a ela podeuse levar a cabo este proxecto, moitismas grazas.
A pesar dos inconvintes de última hora todo saiu perfecto e foi todo un éxito.
Deixovos unhas fotos que nos enviou Montse, responsable do grupo de Bico de Leite na costa.
Grazas a ela podeuse levar a cabo este proxecto, moitismas grazas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














