Estimadas Usuarias:
Pola presente desexamos avisar sobor do cambio no nosos lugar de reunións.
Como ben é sabido na nosa contorna, a asociación lucense pro lactancia materna "Bico de leite" ofrece reunións abertas e gratuitas para brindar apoio coa lactancia ás familias que así o precisen, tanto en Lugo como na Mariña.
Na cidade de Lugo, estas reunións son semanais, os venres, en horario de mañá ou de tarde, dependendo da semana.
O local onde desenvolvemos estas xuntanzas está sito na Rúa Doutor García Portela, e está amablemente cedido polo SERGAS para esta función.
A partir da semana que ven, este local vai ser pechado, trasladándose ao 3º andar do Edificio do SERGAS da Praza do Ferrol.
Agradecendo a disposición colaborativa do SERGAS, anunciamos que nos trasladamos a dito lugar, onde seguiremos a ofrecer os mesmos servizos gratuitos que ata o de agora, grazas ao traballo voluntario de nais experimentadas en lactancia e formadas como asesoras.
Por mor do traslado,e por causas loxísticas de falta de material e sala, vémonos na obriga de SUSPENDER a reunión deste próximo venres 26 de setembro, que tiña previsto ser de 17 a 19 hs.
A partires do venres 3 de outubro as nosas reunións seguirán a celebrarse con normalidade no novo local do 3º andar do edificio do SERGAS da Prza do Ferrol, coa frecuencia e os horarios de sempre.
Un codial saúdo,
Asociación lucense pro lactancia materna Bico de leite
No hay comentarios:
Publicar un comentario