Aquí tedes un abrebocas da exposición "Amar, Aleitar, Vivir". Mañá ás 12 hs no HULA, non volo perdades!.
lunes, 16 de diciembre de 2013
viernes, 13 de diciembre de 2013
Inauguración da Exposición Fotográfica "Amar, aleitar, vivir".
Dende Bico de Leite desexamos convocarvos á próxima inauguración da exposición fotográfica "Amar, aleitar, vivir".
O acto terá lugar na Sala de Urxencias do Hospital Universitario Lucus Augusti, o martes 17 de decembro, ás 12 hs.
Esta exposición permanente, témola que agradecer á xenerosidade de Purriños fotógrafos e da matrona de Vilalba, Benita Martínez.
As irmás Purriños, fotógrafas de prestixio recoñecido alén das nosas fronteiras, e nais que amamantan, quixeron amosar a fermosura que existe no acto de aleitar. Quixéronnolo regalar a Bico de leite.
Dende a nosa asociación, que ten como unha das súas finalidades a normalización social da lactancia materna, quixemos aproveitar este xeneroso ofrecemento para facer algo grande, algo dirixido á toda a sociedade luguesa...E así foi como naceu este fermoso proxecto, no que xa levamos traballando dende febreiro deste ano.
Todos sabemos a importancia social e sanitaria que ten o aleitamento materno, e tamén que unha imaxe vale máis ca mil palabras. O noso benquerido Hospital é unha porta aberta a toda a sociedade, un lugar perfecto onde amosar estas fermosas fotografías.
Dende o Hula acolleuse a osa iniciativa con todo o entusiasmo dende o principio e a colaboración ten sido un éxito.
O noso máis sinceiro agradecemento a todas as familias que aceptaron posar para as fotógrafas e regalarnos a todosos lugueses a súa imaxe.
Esperamos que sexa desfrutada por todo Lugo, porque é unha exposición dende o noso corazón para que chegue ao corazón de todos e todas.
“Amar, aleitar vivir:
No devir da vida alimentamos aos nosos fillos,... non só co xantar, senón con agarimos, con fermosas historias, coas artes todas.
Nestas fermosas imaxes, que din máis que mil palabras, amósasenos ese fermoso fluir de vida que se regala no aleitamento materno, unha arte humana, que outorga a mellor herdanza.”
Graciñas a todas polo voso apoio día a día.
lunes, 9 de diciembre de 2013
miércoles, 4 de diciembre de 2013
Este venres 6 de decembro non haberá reunión de Bico de Leite, nin en Lugo nin na costa por ser día festivo. Nos veremos na próxima xuntanza o día 13 pola tarde ;)
Recordarvos que podedes facer consultas vía correo electrónico a: bicodeleite@yahoo.es e que tedes a vosa disposición os nosos números para consultas telefónicas:
http://bicodeleite.blogspot.com.es/2009/02/contacto.html
Recordarvos que podedes facer consultas vía correo electrónico a: bicodeleite@yahoo.es e que tedes a vosa disposición os nosos números para consultas telefónicas:
http://bicodeleite.blogspot.com.es/2009/02/contacto.html
domingo, 24 de noviembre de 2013
Obradoiro de MASAXE INFANTIL.
O xoves 5 de decembro ás 11.00 na Casa da Xuventude (Xesús Bal e Gay, 10) a nosa socia e fisioterapeuta Belén García Iglesias impartirá un obradoiro de MASAXE INFANTIL.
Ver mapa pinchando aquí
Segundo a Asociación Española de Masaxe Infantil (AEMI), as palabras Masaxe Infantil engloban unha serie de técnicas de tacto, voz e mirada, que se foron entrelazando, dando unha estrutura suficientemente axeitada como para constatar uns beneficios para pais e nais e/ou coidadores/as e os/as seus nenos/as. Estes beneficios non se quedan tan só no ámbito fisiolóxico, senón que chegan máis alá, onde as fibras sensibles do sistema emocional son estimuladas e fortalecidas para poder crear un marco de confianza, seguridade e aceptación emocional. Isto favorecerá un crecemento máis equilibrado en todos os ámbitos da súa persoa.
Para obter información máis detallada sobre estes beneficios, podedes botar un ollo no seguinte ligazón:
A qué esperades?. Inscribídevos antes do mércores 4 en bicodeleite@yahoo.es
As prazas son limitadas.
Ese día vide co voso bebé, unha mantiña (levar unha esteira ou colchón se o teñen xunto coa mantiña) e aceite de masaxe preferiblemente vexetal, e a disfrutar desta experiencia! :)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)