viernes, 22 de febrero de 2013

Lazos que se fan coas mans



Este luns 04 de marzo ás 11 da mañá, na Aula Maternal do Sergas (Rúa doutor García Portela, Nº 11, baixo), Bico de leite organiza un obradoiro de MASAXE INFANTIL.

Este obradoiro é gratuíto para todas as persoas.
A masaxe axuda a reforzar o vínculo entre nai/pai e fillo, pero tamén lles axuda a relaxarse e, a longo prazo, mellora a confianza en si mesmo. É beneficioso para a saúde, a circulación, a musculatura, e algunhas nais/pais pensan que se forxa unha relación «diferente» entre nai/pai - bebé, e que eses momentos quedan na memoria sensitiva.

Podedes inscribirvos antes do domingo 3 en bicodeleite@yahoo.es, ou polo teléfono 620 747 733. Ese día vide co voso bebé, unha mantiña e aceite de masaxe (preferiblemente vexetal), e a disfrutar!

martes, 19 de febrero de 2013

Xuntanza temática Febreiro: Lactancia e reincorporación ao traballo remunerado.

 

O venres 22 de febreiro imos falar de lactancia e reincorporación ao traballo remunerado.
Veremos como poden compatibilizarse e, no caso de horarios laborais longos, como extraer e conservar o leite materno, “truquis” para que o/a bebé acepte comer con culler-vasiño-biberón, etc.
Nesta cuestión é especialmente importante que as nais/pais e as demais persoas que coiden do/a bebé reciban a información e  o apoio axeitados.
Así que, se vos interesa o tema ou tendes outras dúbidas sobre lactancia, vémonos o venres 22, de 17 a 19h, na Sala de Educación Materna do Sergas, Rúa doutor García Portela, Nº 11, baixo.

domingo, 17 de febrero de 2013

Asamblea 2013

O pasado mes de xaneiro tivo lugar a asemblea anual da asociación. Nela realizouse a elección da nova xunta directiva que quedou conformada do seguinte xeito:
Presidenta: Vanessa Díaz Mata.
Vicepresidente: Esther Martínez Bécares.
Secretaria: Mª. Tamar Troncoso Rego.
Teosureira: Mª. Aránzazu Sastre Carracedo.
Parabéns aos novos cargos, e ás que repiten, moito ánimo para continuar cun traballo igual de bo que o ano anterior.
Tamén se falou da programación das actividades para 2013, entre elas: Exposición de debuxos infantís sobre lactación materna durante a SMLM, talleres de masaxe infantil e porteo, novos obradoiros con Carmen Sirvent, e máis cousas, ata onde o corpo nos leve.
Animáos a vir e seguir construíndo xuntas unha nova cultura alimentada con moitos Bicos de Leite!

sábado, 22 de diciembre de 2012

Sigamos soñando...


esto no

Con que na sociedade (incluído o estamento médico) se recupere a cultura da lactancia...

Con que nos libros todos os bebés mamíferos sexan aleitados...

Con que os establecementos comerciais cumpran o Código de comercialización de sucedáneos...

E sobre todo, con que as nais volvamos crer en nós mesmas e recuperemos o PODER de parir e de aleitar aos nosos fillos e fillas.

mamabebe

Queda aínda moito por facer, mais no 2013 seguiremos traballando...


BO NADAL E FELIZ ANINOVO!

jueves, 20 de diciembre de 2012

O NADAL CHEGA Á TRADESCOLA!!!



O vindeiro venres día 21 de Decembro rematan as clases na Tradescola para voltar de novo xa no ano que ven o martes día 8 de Xaneiro. Estamos a organizar varias actividades para ese día (21 de decembro) no Centro Lug II (na Tradescola).
-Para os nenos e papás da Tradescola teremos a partir das 18.00 horas un obradoiro de cantos e bailes de Nadal a cargo de Xabier Iglesias.
-Seguidamente ás 19.30 horas estará con nos Pablo Díaz e Diego Barral co Concerto do TIC- TAC, concerto para nenos e maiores que será gratuito e aberto a toda a poboación.
-E para rematar ás 21.00 horas faremos unha foliada !!!
Esperámosvos a todos para tomar uns pinchos e tocar e bailar xuntos. Non vos esquezades de traer os vosos instrumentos, e de anotarvos no listado da Tradescola, por teléfono (982229966) ou contestando a este mail indicando as persoas que ides a vir.
Data máxima para inscribirse á FOLIADA : Xoves 20 de decembro. O prezo para asistir a mesma é de 6 €/ persoa.
Dende a Tradescola e dende a Asociación de Gaiteiros Galegos aproveitamos para desexarvos unhas boas festas, e un bon comezo de ano!!!

martes, 18 de diciembre de 2012

Colaboración de Carmen Sirvent Artiaga, psicoterapeuta



Carmen Sirvent Artiaga, psicoterapeuta humanista integrativa, formada con Laura Guttman
comezará a colaborar coas socias de Bico de Leite facéndolles ás mesmas un desconto en
todas as terapias que se ofertan no Centro de Terapias Estelae Moisso de Lugo.

Aquí tedes información máis ampliada sobre Carmen e as outras terapias ás que podedes
aceder no centro. http://www.carmensirvent.com/

Se queredes disfrutar destes descontos solicitádenos a través do correo electrónico o carné
que acredita a vosa asociación a Bico de Leite e despois poderédelo recoller no local de
reunións. Cada ano se renovarán.