O venres 22 de febreiro imos falar de
lactancia e reincorporación ao traballo remunerado.
Veremos
como poden compatibilizarse e, no caso de horarios laborais longos,
como extraer e conservar o leite materno, “truquis” para que o/a bebé acepte comer con culler-vasiño-biberón,
etc.Nesta cuestión é especialmente importante que as nais/pais e as demais persoas que coiden do/a bebé reciban a información e o apoio axeitados.
Así que, se vos interesa o tema ou
tendes outras dúbidas sobre lactancia, vémonos o venres 22, de 17 a
19h, na Sala de Educación Materna do Sergas, Rúa doutor García Portela, Nº 11, baixo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario