Esta semana temos a nosa reunión de nais en horario de tardes, verémonos ás cinco no local de asociacións de Frigsa este venres 27.
As reunións de nais son abertas e de balde, a elas poden acudir embarazadas e tamén mulleres que xa son nais e queren comentar a súa situación. As familias son sempre benvidas se vos queredes.
Nas nosas reunións todas as dúbidas e preguntas teñen cabida e a todas buscarémoslles darlles resposta entre todas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario