O pasado mes de maio celebramos a asemblea anual de Bico de Leite, despois de tanto tempo por fin foi presencial, así e todo, houbo compañeiras que tamén asistiron de maneira virtual. Agradecemos a todas a vosa presenza e tamén os votos delegados.
Damos a benvida de novo a Esther García Bécares por entrar como vogal na Xunta directiva e o resto de cargos seguen coma o ano anterior.
Falouse de moitas cousas... a renovación do material de préstamo, a celebración da SMLM en outubro, espazos e horarios para as reunións de nais e novos proxectos que afrontaremos con moita ilusión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario