viernes, 5 de diciembre de 2014

COLABORACION CO CIFP POLITECNICO DE LUGO

Como vimos facendo dende hai 9 anos, neste 2014 tamén estivemos a colaborar coa profesora Dona Nieves López López do CIFP do Politécnico de Lugo.
Esta profesora imparte clases no Ciclo Superior de Formación Profesional "Técnico superior de educación infantil", e sempre contou  connosco para abranguer o tema da lactancia materna dentro da formación integral do seu alumnado.

A nosa socia fundadora e asesora en lactancia Esther impartíu sendas charlas informativas nos módulos de "desenvolvemento cognitivo e motor" e "desenvolvemento socioafectivo" para dar a coñecer aos alumnos a realidade da lactancia materna.
Falouse das consignas básicas para que unha lactancia poida ser exitosa,  do manexo do leite extraído que pode ser que as nais aporten a unha escola infantil, así como das opcións que dende os seus futuros postos de traballo terán para apoiar e mesmo axudar ás familias que opten pola lactancia materna. Aportóuselles material e enlaces a fontes de información serias e contrastadas sobor deste tema, transversal no que a formación para a vida se refire e de tan vital importancia para a saúde pública. 

Agradamos terlles sido de axuda e que a nosa colaboración se poida seguir estendendo no tempo. Para nós sempre foi un pracer poder acceder a este sector de futuros profesionais que estarán en contacto cos nosos fillos e fillas dende moi temprana idade.

Grazas , alumnos, pola vosa atención. Grazas, Nieves, pola tú iniciativa e a confianza que sempre depositas en Bico de leite para amosar este tema ás futuras xeracións e grazas Esther.

jueves, 6 de noviembre de 2014

NOVO LOCAL PARA AS REUNIÓNS



 Lembrámosvos que desde o día 03 de outubro as nosas reunións xa non son en García Portela 11, senón no C.S. da Praza do Ferrol no Terceiro andar, onde está agora a Aula de Educación Maternal. Os horarios seguen a ser os mesmos, todos os venres de 11 a 13 horas agás o segundo e o último, que estamos de 17 a 19. Agardámosvos!!!!

lunes, 6 de octubre de 2014

NOTA INFORMATIVA



Lamentamos comunicarvos que, pese ao noso ofrecemento voluntario como outros anos para decorar e atender o caseto de lactancia que se viña instalando no feiral por San Froilán para que as familias que o precisaran o utilizaran para amamantar, cambiar aos seus bebés ou o que necesitaran, este ano, o Concello de Lugo decidiu non poñelo sen que sequera se nos informara dos motivos. 
Dende Bico de leite sentimos que se poña fin a unha colaboración que xa duraba anos e se deixe de dar un servizo que nos consta que era utilizado e apreciado polas familias lucenses e polas de fora que se achegaban a visitar a nosa cidade.



Dende Bico de leite desexámosvos un feliz San Froilán

viernes, 3 de octubre de 2014

LACTANCIA MATERNA ¡UN TRIUNFO PARA TODA A VIDA!



Esta semana celébrase en Europa a Semana Mundial da Lactancia Materna, que este ano leva por lema LACTANCIA MATERNA ¡UN TRIUNFO PARA TODA A VIDA!


Os obxectivos da SMLM 2014 son:
  • Informar sobre os "Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio" e como se relacionan coa lactación materna e a alimentación do lactante e do neno pequeno.
  • Mostrar os progresos realizados na alimentación do lactante e do neno pequeno e chamar a atención sobre os principais baleiros que presenta neste momento.
  • Chamar a atención sobre a importancia de intensificar as accións para protexer, promover e apoiar a lactación materna como unha intervención clave nos "Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) ".
  • Estimular o interese entre os mozos de ambos os dous sexos para percibir a relevancia da lactación materna no mundo actual.
Dende Bico de Leite,

Recoñecemos:

  1. Que a lactación materna é un Dereito de todas as familias.
  2. Que o apoio ás familias que aleitan pasa por unha boa información, unha boa atención sanitaria, o respecto social, medidas de conciliación familiar e laboral axeitadas e tamén pola implicación de todos os seus membros e da comunidade.
  3. Que o apoio "nai a nai" é unha forma de apoio social e comunitario baseado na axuda mutua entre persoas que comparten unha mesma experiencia, a de aleitar os seus fillos e fillas.
Temos en conta:
  1. En 1190 os gobernos e as Nacións Unidas estableceron os "Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio" para combater a pobreza e promover o desenvolvemento saudable e sostible no 2015 e máis alá.
  2. Que aínda que se avanzou moito na consecución dos "Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio" aínda quedan gran cantidade de "asuntos pendentes".
  3. Que protexer, promover e apoiar a lactación materna, contribúe de xeito substancial á consecución de cada un dos "Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio".
  4. Que o apoio social e comunitario "nai a nai" que ofrecen os grupos de apoio á lactación demostrou ser unha ferramenta eficaz de ofrecer apoio ás mulleres que aleitan.
Cremos necesario:
  1. Dar visibilidade á importancia de aumentar e manter a protección, promoción e apoio á lactación materna na axenda post 2015.

E polo tanto, pedimos:
  1. Que se difundan os "Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio do Milenio" e como se relacionan coa lactación materna e a alimentación do lactante e o neno pequeno.
  2. Que os sistemas de saúde promovan a lactación materna e a axeitada incorporación de alimentos complementarios a partir dos 6 meses baseándose nas recomendacións de OMS e UNICEF.
  3. Que se informe sobre lactación materna e hábitos saudables de alimentación a todos os niveis, sobre todo aos mozos de ambos os dous sexos dende primaria e secundaria.
  4. Que as asociacións e grupos de apoio á lactación materna reciban apoio social e institucional para facilitar os seus servizos, actividades de apoio ás nais lactantes e a formación das súas asesoras.
Queremos desexar a todas as persoas que apoian a lactancia materna e axudan a sua promoción, unha moi feliz Semana Mundial da Lactancia Materna 2014 !!!

jueves, 25 de septiembre de 2014

ESTE ANO VAINOS TOCAR !!!!






Dende xa esta á venda a lotaria de Nadal de Bico de Leite, O número é o mesmo que o ano pasado 18.909, e ben bonito non si?

Se eres socia podes colaborar vendendo ou ben podedela conseguir en calquera reunión de Bico, os venres, tanto en Lugo, Foz ou Burela e nos establecimientos colaboradores, Farmacia Rego Lodos en Avenida de las Américas 59, A despensa do avo Francisco en Rua Mallorca nº 2 e tamén en Gero Sonajero C/Portugal 53 (preto do colexio Divino Maestro).

Sorte para todas!

SUSPENDIDA a reunión deste próximo venres 26 de setembro


Estimadas Usuarias:
 
Pola presente desexamos avisar sobor do cambio no nosos lugar de reunións.
 
Como ben é sabido na nosa contorna, a asociación lucense pro lactancia materna "Bico de leite" ofrece reunións abertas e gratuitas para brindar apoio coa lactancia ás familias que así o precisen, tanto en Lugo como na Mariña.
 
Na cidade de Lugo, estas reunións son semanais, os venres, en horario de mañá ou de tarde, dependendo da semana.
 
O local onde desenvolvemos estas xuntanzas está sito na Rúa Doutor García Portela,  e está amablemente cedido polo SERGAS para esta función.
 
A partir da semana que ven, este local vai ser pechado, trasladándose ao 3º andar do Edificio do SERGAS da Praza do Ferrol.
 
Agradecendo a disposición colaborativa do SERGAS, anunciamos que nos trasladamos a dito lugar, onde seguiremos a ofrecer os mesmos servizos gratuitos que ata o de agora, grazas ao traballo voluntario de nais experimentadas en lactancia e formadas como asesoras.
 
Por mor do traslado,e por causas loxísticas de falta de material e sala, vémonos na obriga de SUSPENDER a reunión deste próximo venres 26 de setembro, que tiña previsto ser de 17 a 19 hs.
 
A partires do venres 3 de outubro as nosas reunións seguirán a celebrarse con normalidade no novo local do 3º andar do edificio do SERGAS da Prza do Ferrol, coa frecuencia e os horarios de sempre.
 
Un codial saúdo,

Asociación lucense pro lactancia materna Bico de leite

 

martes, 5 de agosto de 2014

OBRADOIRO DE PORTEO NA MARIÑA LUCENSE

Esta fin de semana celebramos na Mariña, concretamente en Foz, un obradoiro de porteo impartido pola nosa compañeira Elena Belgrado.
A pesar dos inconvintes de última hora todo saiu perfecto e foi todo un éxito.
Deixovos unhas fotos que nos enviou Montse, responsable do grupo de Bico de Leite na costa.

Grazas a ela podeuse levar a cabo este proxecto, moitismas grazas.















martes, 29 de julio de 2014

Obradoiro de Porteo na Costa

 
En Bico de Leite na Costa non nos imos de vacacións!.

Seguimos con máis actividades de interese para as familias. Nesta ocasión trátase dun taller de porteo ergonómico.
 
Será este sábado 2 de agosto ás 5 da tarde no CENIMA de Foz.

Volvemos repetir coa nosa compañeira Elena Belgrano, quen nos contará sobre a forma correcta de portear os nosos bebés.
 
Para máis información, contactade con Montse ao 649755981

Non volo perdades!
 
 
 


Así foi o obradoiro de masaxe na Costa

 
O taller de masaxe infantil, foi todo un éxito!. Nove bebés fermosos gozaron das masaxes dos seus pais e nais, mesmo un deles veu  acompañado do seu irmán mediano, que tamén lle diera algún que outro masaxiño ;)
 
 

lunes, 21 de julio de 2014

Obradoiro de Masaxe Infantil na Costa


Será o sábado 26 de xullo en Av. A Ribeira, 1 (Foz), en el Edificio Centro Social de Foz. Sala Multiusos, planta baixa.

A cargo de Belén García Iglesias, compañeira e nai de tres fillos.

Necesario traer mantiña e aceite vexetal, colchón de ximnasia ou cambiador para o chan.

Información e reservas ao número 649 755 981 (Montse)


Esperámosvos!


lunes, 7 de julio de 2014

Así foi o obradoiro de porteo

Aquí deixamos algunhas fotos que alcanzamos a facer do obradoiro de porteo, o pasado 21 de xuño. Os contidos moi útiles e interesantes. O ambiente foi moi agradable a pesar da calor, que ao final era menos grazas aos amaños dun dos pais asistentes ;)




miércoles, 11 de junio de 2014

Obradoiro de Porteo en Lugo

 

Xa temos data para o próximo obradoiro de porteo en Lugo:

Será o día 21 de xuño de 11.00 a 13:30h na Casa da Xuventude, Rúa Xesús Bal e Gay, 10.
Para ver o mapa, pincha aquí

Falaremos de:

- Beneficios de portar a nosos fillos e a nosas fillas
- Como portar os bebés respectando as súas etapas de desenvolvemento físico e psico-sociais
- Probaremos os distintos 
tipos de portabebés 
- Resolveremos as vosas dúbidas


Será precisa inscrición previa, o aforo previsto é de 20 persoas.

As inscricións ata o 18 de xuño, a través de: bicodeleite@yahoo.es

Imparte: Elena Belgrano. Doula, asesora de lactancia y de porteo respetuoso.

Esperámosvos!






martes, 10 de junio de 2014

Reunión do venres 13 de xuño

Como ben sabedes, este venres 13 a reunión toca de tarde.
 
Ao concidir co Arde Lucus, e para que ninguén se vexa no compromiso nin con dificultades para asistir, decidimos na Xunta Directiva que excepcionalmente se fará a reunión deste venres pola mañá, no canto de suspendela.
 
Xa sabedes, este venres 13 esperámosvos de 11 a 13h na Aula de Educación Maternal do Sergas sita na rúa Doutor Portela nº 11 baixo 

jueves, 29 de mayo de 2014

Xuntanza Temática para Futuras/os Nais e Pais

Mañá venres 30 de maio teremos a nosa reunión temática de mes, orientada a informar sobre a lactación materna para futuras/os nais, pais e os seus acompañantes, así como resolver as dúbidas existentes. 

Será de 17 a 19 h no noso local na Aula de educación maternal do SERGAS, na r/ Doutor García Portela 11-baixo




Falarase sobre temas como: Beneficios da lactación para a mamá e o bebé, implicación do pai, coidado das mamas, aleitamento, frecuencia e demanda, recomendacións da OMS, retos no camiño. 

A muller que se informa e prepara durante o embarazo ten maior posibilidade de ter unha lactación máis satisfactoria e con menos inconvenientes, ademais, sábese que contar coa axuda dun grupo de apoio durante a lactación ten numerosas vantaxes: Asegurar a continuidade da lactación, evitar abandonos indesexados, mesmo se podería reducir á metade as visitas por enfermidade nas consultas de pediatría. 


Animarvos a vir, a informarvos e a compartir con outras mamás que xa están inmersas neste fermoso Camiño. 


martes, 6 de mayo de 2014

Exposición de Debuxos Contacontos "Ma-ma maxia"




No Centro Social de Fingoi están expostos ata o 5 de xuño os debuxos que fixeran as/os nenas/os tras o Contacontos "Ma-ma maxia" da Biblioteca Nodal en xaneiro:

A partir do conto “Maxia!” de Charo Pita, a historia e a música guiaronnos na procura do segredo que fai calmar a un bebé cando este chora. Os nenos e as nenas participaron nas accións musicais con xogos ritmicos e melodias sinxelas que axudaron ao protagonista a ir avanzando na intrépida busca da máxica receita...

E para lembrar esta aventura non deixedes de asistir a ver estas obras de arte!.


sábado, 3 de mayo de 2014

OBRADORIO DE MASAXE INFANTIL 29/04/14

O martes tivemos o obradoiro de masaxe infantil ca nosa compañeira Belén, fisioterapeuta e nai de 3 fillos.
Foron duas horas moi ben aproveitadas e nas que disfrutamos moito cos nosos bebés.
Deixovos unhas fotiños para que vexades o ben que o pasamos.
Gracias a tod@s por asistir.
Un bico... de leite














miércoles, 9 de abril de 2014

Novo Obradoiro de Masaxe


Boas noticias!, temos unha nova edición do obradoiro de masaxe!!!

 

martes 29 de abril de 11.00 a 13.00 hrs na Casa da Xuventude (Xesús Bal e Gay, 10)  a nosa socia e fisioterapeuta Belén García Iglesias impartirá un obradoiro de MASAXE INFANTIL.

Como xa recomendáramos na entrada do anterior obradoiro, podéis obter información máis detallada sobre estes beneficios, no seguinte ligazón:

 
Xa estades avisados, inscribídevos antes do venres 25 en bicodeleite@yahoo.es
As prazas son limitadas.
 
Ese día vide co voso bebé, unha mantiña (levar unha esteira ou colchón se o teñen xunto coa mantiña) e aceite de masaxe preferiblemente vexetal, e a disfrutar!.
 
 
 
 
 
 
 


jueves, 3 de abril de 2014

A Axitación do Aleitamento

 
 
 
O sentimento contraditorio de querer dar de mamá "coa cabeza" pero rexeitalo co noso corpo, pode ser unha das experiencias máis desconcertantes para unha nai.

Como este tema non perde vixencia, recuperamos unha vella entrada que compartise a nosa compañeira Susana:
 
(traducido e adaptado de http://www.llli.org/lang/espanol/lvaugsep03c.html de Hillary Flower, autora do marabilloso libro "Adventures in tandem nursing")
A axitación do aleitamento é unha fase moi dura para as nais, constituíndo un dos tabús da maternidade, mesmo dentro do movemento prolactancia, polo cal decidimos facernos eco aquí deste tema.


O embarazo parece ser a etapa específica na que se dá este sentimento, afectando a máis dun terzo das mulleres, sobre todo na segunda metade da xestación. Para moitas nais a axitación diminúe ao final do embarazo, mentres que para outras este parece ser o período no que é máis intensa.
Porén, a axitación pode ocorrer tamén a calquera nai que aleita ininterrompidamente, mesmo sen estar embarazada.

A natureza precisa da axitación varía enormemente de muller a muller: algunhas nais describen un sentimento de irritación (tensión, enfado, ansiedade), para outras é unha sensación de grima, mesmo noxo.
A severidade da reacción varía de lixeira (“Por que xa non gozo de aleitar a meu filliño?") a extrema (“Ahhhhhh! Quítenme de aquí a este neno!”). 

A axitación do aleitamento pode vir das nosas raíces coma mamíferas: a agresión maternal é común no mundo animal durante o tempo de destete, e é posíbel que o embarazo faga que os nosos corpos pensen que é tempo de destetar. 

En todo caso, a axitación non é un reflexo da relación materno-filial nin dos sentimentos da nai cara á lactancia. 

Quizais o enfoque máis axeitado radique na toma de conciencia persoal sobre estes sentimentos, no diálogo co neno ou nena e na posibilidade para a nai de ter máis tempo para ela.

+info aquí e aquí

E ti, nai lactante, sentiches algunha vez algo parecido?