martes, 28 de mayo de 2013
Especial Futuras Nais e Futuros Pais
O próximo venres 31 de maio teremos a nosa reunión temática de mes, orientada a informar sobre a lactación materna ás futuras nais
e os seus acompañantes, así como resolver as dúbidas existentes.
Falarase sobre temas como: Beneficios da lactación para a mamá e o bebé, implicación do pai, coidado das mamas, aleitamento, frecuencia e demanda, recomendacións da OMS, retos no camiño.
A muller que se informa e prepara durante o embarazo ten maior posibilidade de ter unha lactación máis satisfactoria e con menos inconvenientes, ademais, sábese que contar coa axuda dun grupo de apoio durante a lactación ten numerosas vantaxes: Asegurar a continuidade da lactación, evitar abandonos indesexados, mesmo se podería reducir á metade as visitas por enfermidade nas consultas de pediatría. Podedes informarvos un pouco máis no seguinte ligazón:
http://www.europapress.es/salud/asistencia/noticia-acudir-taller-lactancia-puede-reducir-mitad-visitas-enfermedad-pediatria-estudio-20130326182246.html
Animarvos a vir, a informarvos e a compartir con outras mamás que xa están inmersas neste fermoso Camiño.
Será de 17 a 19 h no noso local na Aula de educación maternal do SERGAS, na r/ Doutor García Portela 11-baixo.
Agardámosvos!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario