martes, 28 de mayo de 2013

Especial Futuras Nais e Futuros Pais



O próximo venres 31 de maio teremos a nosa reunión temática de mes, orientada a informar sobre a lactación materna ás futuras nais



e os seus acompañantes, así como resolver as dúbidas existentes. 

Falarase sobre temas como: Beneficios da lactación para a mamá e o bebé, implicación do pai, coidado das mamas, aleitamento, frecuencia e demanda, recomendacións da OMS, retos no camiño. 


A muller que se informa e prepara durante o embarazo ten maior posibilidade de ter unha lactación máis satisfactoria e con menos inconvenientes, ademais, sábese que contar coa axuda dun grupo de apoio durante a lactación ten numerosas vantaxes: Asegurar a continuidade da lactación, evitar abandonos indesexados, mesmo se podería reducir á metade as visitas por enfermidade nas consultas de pediatría. Podedes informarvos un pouco máis no seguinte ligazón: 


http://www.europapress.es/salud/asistencia/noticia-acudir-taller-lactancia-puede-reducir-mitad-visitas-enfermedad-pediatria-estudio-20130326182246.html

Animarvos a vir, a informarvos e a compartir con outras mamás que xa están inmersas neste fermoso Camiño. 


Será de 17 a 19 h no noso local na Aula de educación maternal do SERGAS, na r/ Doutor García Portela 11-baixo


Agardámosvos!

miércoles, 8 de mayo de 2013

Lactancia Materna e Apego Seguro

"O apego seguro é a pedra angular do desenvolvemento independente".
(Ress, 2005), (Kennel y Klaus, 1998)



O pasado sábado compartimos con Carmen Sirvent unha moi boa introdución ao tema do apego.

Moito se falou, pero co que quedamos esta vez, é coa idea clara de que desexamos brindar seguridade nestas primeiras fases do desenvolvemento, para ver as nosas crías convertidas en seres libres e felices, aínda que debemos estar alerta para non caer en sentimentos negativos, recordarnos que as nais facemos o que podemos co que sabemos e que a maioría dos obstáculos se poden transcender con amor, paciencia e determinación.

Grazas a todas as asistentes, vémonos na próxima!


Fonte da foto: El Progreso