viernes, 22 de febrero de 2013

Lazos que se fan coas mans



Este luns 04 de marzo ás 11 da mañá, na Aula Maternal do Sergas (Rúa doutor García Portela, Nº 11, baixo), Bico de leite organiza un obradoiro de MASAXE INFANTIL.

Este obradoiro é gratuíto para todas as persoas.
A masaxe axuda a reforzar o vínculo entre nai/pai e fillo, pero tamén lles axuda a relaxarse e, a longo prazo, mellora a confianza en si mesmo. É beneficioso para a saúde, a circulación, a musculatura, e algunhas nais/pais pensan que se forxa unha relación «diferente» entre nai/pai - bebé, e que eses momentos quedan na memoria sensitiva.

Podedes inscribirvos antes do domingo 3 en bicodeleite@yahoo.es, ou polo teléfono 620 747 733. Ese día vide co voso bebé, unha mantiña e aceite de masaxe (preferiblemente vexetal), e a disfrutar!

martes, 19 de febrero de 2013

Xuntanza temática Febreiro: Lactancia e reincorporación ao traballo remunerado.

 

O venres 22 de febreiro imos falar de lactancia e reincorporación ao traballo remunerado.
Veremos como poden compatibilizarse e, no caso de horarios laborais longos, como extraer e conservar o leite materno, “truquis” para que o/a bebé acepte comer con culler-vasiño-biberón, etc.
Nesta cuestión é especialmente importante que as nais/pais e as demais persoas que coiden do/a bebé reciban a información e  o apoio axeitados.
Así que, se vos interesa o tema ou tendes outras dúbidas sobre lactancia, vémonos o venres 22, de 17 a 19h, na Sala de Educación Materna do Sergas, Rúa doutor García Portela, Nº 11, baixo.

domingo, 17 de febrero de 2013

Asamblea 2013

O pasado mes de xaneiro tivo lugar a asemblea anual da asociación. Nela realizouse a elección da nova xunta directiva que quedou conformada do seguinte xeito:
Presidenta: Vanessa Díaz Mata.
Vicepresidente: Esther Martínez Bécares.
Secretaria: Mª. Tamar Troncoso Rego.
Teosureira: Mª. Aránzazu Sastre Carracedo.
Parabéns aos novos cargos, e ás que repiten, moito ánimo para continuar cun traballo igual de bo que o ano anterior.
Tamén se falou da programación das actividades para 2013, entre elas: Exposición de debuxos infantís sobre lactación materna durante a SMLM, talleres de masaxe infantil e porteo, novos obradoiros con Carmen Sirvent, e máis cousas, ata onde o corpo nos leve.
Animáos a vir e seguir construíndo xuntas unha nova cultura alimentada con moitos Bicos de Leite!