miércoles, 29 de febrero de 2012

Na radio

na radio 16.02.2012

O pasado 16 de febreiro tres socias de Bico de leite na Mariña fomos convidadas a participar no coloquio do programa Parolando de RadioValadouro. Agradecemos moito aos presentadores Pepe Peinó e Matías Nicieza que se interesasen polo tema da maternidade enfocada desde a crianza con apego, onde a lactación materna xoga tamén un papel importante. Ademais pasamos un anaco ben divertido resultando así un coloquio ameno que vos convidamos a escoitar pinchando neste enlace. Agardamos que vos guste!

sábado, 25 de febrero de 2012

Lois, Pablo e Anabel

apoio á lm
(ilustración da galega Esther Sánchez Espiñeira, mención especial do xurado no I Concurso de Carteis FEDALMA 2012)


A nosa historia comeza nas clases de preparación ao parto, alí, a nosa matrona, unha grande profesional, insistiu moito na importancia da lactancia, relatounos os enormes beneficios que tiña criar ao bebé, tomando o leite da nai, insistiu en non deixar o peito por tomar según que mediciñas, xa nos advertiu de que moitas veces o peito se deixa antes do debido por un mal asesoramento, e decidimos seguir o seu consello, dándolle ao noso bebé cando nacese, Teta.
O noso bebé chegou ao mundo através dunha cesárea, polo que o pequeno xa tomara dous biberóns de soro glucosado antes de chegar ao meu colo, nese intre nós non sabiamos nada de nada sobre lactancia, durante o embarazo léramos moito sobre o parto e o embarazo pero nada sobre lactancia, demos por suposto que era algo natural. O caso é que no hospital o protocolo impediume estar co meu pequeno até pasadas unhas horas, cando chegou eu estaba dolorida e o pequeno non daba agarrado o peito, estivemos cinco días no hospital, no que o bebé foi extraendo algo de leite, moi pouquiña, e grazas a unhas pezoeiras de silicona que nos recomendou unha visita, pero onde tomou uns cantos biberóns de leite artificial, porque as enfermeras nos dixeron que o bebé tiña que comer cada tres horas, senón lle podía dar unha baixada de sucre, así que a experiencia foi moi estresante: o neno non collía a teta, e co medo de que lle pasase algo dabámoslle biberón de leite artificial, ao final coas pezoeiras conseguimos que mamase algo, a explicación de por que o bebe non mamaba era que eu tiña os bicos moi planos e por eso non collía ben o peito, eu polo visto era defectuosa....
Na casa o primeiro mes e medio foi moi duro, o pequeno estaba todo o día colgado da teta, o pobre non daba sacado o necesario e dormíase na tetiña, así que pasaba as horas nos meus brazos coa teta na boca, pero non conseguía coller peso, nós estabamos nervosos e preocupados, o pediatra díxonos que se non medraba, teriamos que darlle suplemento de leite artificial e que seguramente o neno se acostumbrase ao biberón e fose deixando a teta pouco a pouco, así que se nos falaban do suplemento viamos o demo, pensando que deixaría a teta, parecíanos que non seriamos capaces de darlle o peito ao neno nin sequera tres meses, ademais estabamos tan cansos, o neno tiña fame todo o rato, o único que podia facer en todo o día era darlle a teta e cambiarlle o cu, non tiña nin dez minutos para facer nada, nin comidas, nin casa, ...un estrés total, neste intre pensei que necesitabamos a axuda de alguén e entrei en internet a buscar, ali atopei a Bico de Leite e decidín mandarlles un mail pedindo consello, o contacto con ellas marcou un antes e un despois na lactancia do meu neno.
Compramos un sacaleites manual e intentamos suplementar co noso propio leite, como tiñamos medo do biberón dabámoslle a leite que sacaba da teta cunha xeringa, o neno comía todo todiño, e aínda non era suficiente, en Bico aconselláronnos facerlles unha visita para ver o bebé -malia que nos separaban 100 km, foi a viaxe máis rentable que fixemos nunca. Ao chegar á reunion do venres, atopamos a Raquel e Patricia, que nos trataron e atenderon marabillosamente, ao ver ao pequeño, dixeron que o bebé tiña o queixo cara atrás, polo que tiña dificultade para coller a teta, ademais o neno estaba tan delgadiño que nos recomendaron suplementar inmediatamente con leite artificial e biberón, pero claro explicáronnos como facer a suplementación para non perder o noso leite. A cuestión é ben sinxela cando cha explican e cando entendes como funciona o peito, en todas as tomas tiñamos que poñer o neno primeiro nunha das tetas e da outra ao mesmo tempo sacamos o leite (cun estupendo sacaleites eléctrico que nos prestaron as amigas de Bico de Leite) e lla dabamos cun biberón seguidamente, e por último preparabamos un biberón de leite artificial e tamén llo dabamos até que o pequeno quedaba farto, primeiro 30 ml, se era necesario outros 30, e así sucesivamente; grazas a esta receita foi posíbel que o bebé aumentase de peso de xeito moi rápido, o pobre tiña que recuperar o tempo perdido, a receita foi moi ben e chegamos aos tres meses, o neno medrou dabondo para enganchar por si mesmo de xeito efectivo a tetiña, nese intre xa cada vez foi sendo menos necesario o leite artificial, até o momento no que xa non tomaba ningún, despois pouco a pouco, seguindo as indicacións das nosas amigas, fómoslle quitando os suplementos do noso propio leite, até hoxe en dia, no que o noso pequeno xa ten cinco meses e só toma teta a demanda, algo que nos parecía imposíbel é unha realidade grazas á perseverancia e á axuda inestimable que nos deron, atopamos dificultades no camiño pero a satisfacción de telas superado é moi grande, e ver sorrir ao noso neno e saber que lle damos o mellor paga a pena. Moitas grazas, Bico.

viernes, 17 de febrero de 2012

Reunión temática de febreiro

2011-12-16 19_59_54

O venres 24 de febreiro dedicaremos a nosa xuntanza a falar de lactancia e reincorporación ao traballo remunerado. 
Veremos cómo poden compatibilizarse e, no caso de horarios laborais longos, cómo extraer e conservar o leite materno. Para isto pode servos útil o Manual de extracción editado por Fedegalma, do que podedes recoller unha copia impresa nunha das nosas reunións.
Nesta cuestión é especialmente importante que as nais e as demais persoas que coiden do bebé reciban a información e mais o apoio axeitados, e esa é a nosa tarefa;)
Así que, se vos interesa o tema ou tendes outras dúbidas sobre lactancia, vémonos o venres 24, de 17 a 19h, no noso local do Centro Lug II.

Gozade do Entroido e até pronto!

Dereitos das nais traballadoras  
Artigo do grupo de apoio á lactancia Alba
Libro de LLL con experiencias de nais que aleitan e traballan fóra da casa

martes, 14 de febrero de 2012

Fotos da nosa asemblea

Hoxe hai un mes tivemos a asemblea ordinaria 2012.

Aquí podedes vernos falando do futuro de Bico...

14012012-IMG_9435

... E aquí, no primeiro plano, o leite, sempre presente nas nosas vidas;)

14012012-IMG_9432

miércoles, 8 de febrero de 2012

Actividades realizadas no 2011

Reunión Foz 2

Xaneiro
- día 23: asemblea ordinaria
- día 28: xuntanza temática sobre o peso do bebé  

Febreiro
- día 25: xuntanza temática sobre a reincorporación ao traballo remunerado

Marzo
- día 11: festa de Entroido
- día 25
  .Lugo: xuntanza temática Lactancia e fertilidade
  .Foz: relatorio Normalizando o aleitamento materno

Abril
- día 29: xuntanza temática sobre o destete

Maio
- día 7: festa do certame de debuxo
- día 18: presentación do noso libro en Lugo
- día 27: xuntanza temática para futuros pais e nais
- día 28: relatorio-obradoiro Autoestima da nai

Xuño
- día 11: obradoiro de portabebés en Burela
- día 24: festa de fin de curso 
 
Agosto 
- do 5 ao 31: exposición fotográfica en Foz
- día 19: obra de teatro "Queres que cho conte?"

Setembro 
- do 5 ao 29: exposición fotográfica en Burela
- día 11: asemblea extraordinaria
- día 30: reunión temática sobre a falta de leite
  
Outubro
- do 1 ao 8: Semana mundial da lactación materna
  .Foz:
    Presentación do noso libro
    Cine para mamás e bebés
  .Lugo:
    Exposición fotográfica no HULA
    Stand no San Froilán asociativo
- día 15: obradoiro Sentimentos de nais e pais    
- día 28: reunión temática sobre o sono
 
Novembro  
- do 8 ao 30: exposición fotográfica no Centro social Uxío Novoneyra
- día 5: obradoiro de masaxe infantil 
- día 25: reunión temática sobre a alimentación complementaria

Decembro
- días 3 e 16: obradoiro de portabebés 

viernes, 3 de febrero de 2012

Gañadora do sorteo

sorteo

Velaquí Ania recollendo o seu lote de libros...

“Comer, Amar, Mamar" de Carlos González
“Lo que hacen las madres, sobre todo cuando parece que no hacen nada" de Naomi Stadlen
“Dormir sin lágrimas” de Rosa Jové
“Maxia!” de Charo Pita e Madalena Matoso
“Ella” de Àngel Sauret

... moi ben acompañada das nosas asesoras Esther e Arantxa;)

Moitos parabéns!!!

miércoles, 1 de febrero de 2012

Participade!

Se tendes textos ou fotos de aleitamento que queirades publicar neste blog, pregámosvos nolas mandedes a bicodeleite@yahoo.es
Podedes contarnos:
Experiencias
Anécdotas
Novas
Fagamos deste blog unha valiosa ferramenta de comunicación sobre a lactación materna, construíndoo entre todos e todas -parécevos?