martes, 14 de abril de 2009

Son o que mamo

"SON O QUE MAMO”

Con esta expresión invito a refexionar sobre o que inflúe o ambiente, as nosas vivencias e experiencias, o que vemos, oímos, sentimos….. día a día no entorno máis próximo na nosa formación como persoas, na nosa personalidade, na nosa maneira de enfrentarnos á vida, no que proxectamos para o futuro...Sobre todo nos máis pequechos, nos nosos fillos e fillas que son nos que nos podemos ver reflectidos, nos que máis evidentemente imos vendo como xermolan esas sementes que imos pratando, intencionadamente ou non.

E toda esta reflexión a partir dunha conversa coa miña nena de 4 anos xusto antes de se durmir, cando a súa cabeciña traballa moito na recapitulación das cousas que fixo, que pensou, que vivíu ao longo do día….Pois ben, estabamos o pequecho na teta case dormido, ela e máis eu na cama cando me pregunta se Aldán cando sexa grande será papa...
-E eu vou ser mamá sabes? E os meus bebés van sair pola vulva claro!!! (silencio e queda pensando) E vou ter moitos bebés, pero na casa claro! (eu non parín na casa pero si temos contos e eu lle falo das distintas posibilidades, das experiencias de outras mamás cercanas....) Non quero ir ao hospital....E voulles dar a tetiña todo o que queiran, ata que sexan grandes e xa non queiran máis vale? (ela mamou ata os tres anos) E ti vas estar con nós.


Este tipo de cousas son as que me fan seguir crendo na importancia máxima da normalización da lactancia, de que debemos seguir facendo actividades que fagan saír fóra a lactancia, que os meniños e meniñas ( e os que non o son tanto) o vexan, que vexan aleitar a outros nenos e nenas, grandes e pequenos, na casa, no parque, no monte, no cine, no teatro, na rúa, na praia, nos contos, na tele........ en fin, que se volva a converter en algo natural e habitual e non só en algo tan pouco frecuente que nos chame a atención cando o vemos.

Catuxa.
Febreiro 2009

2 comentarios:

  1. Que lindo , entranme ganas de chorar aqui tan lonxe da pequecha no Barbanza de guardia.
    E increible como nos fan reflexionar os nenos...
    Isa

    ResponderEliminar
  2. Grazas por andar por aquí, gústanos compartir con vós estas reflexións de cada día cos nosos pequechos.

    ResponderEliminar