domingo, 24 de noviembre de 2013

Obradoiro de MASAXE INFANTIL.



xoves 5 de decembro ás 11.00 na Casa da Xuventude (Xesús Bal e Gay, 10)  a nosa socia e fisioterapeuta Belén García Iglesias impartirá un obradoiro de MASAXE INFANTIL.

Ver mapa pinchando aquí

Segundo a Asociación Española de Masaxe Infantil (AEMI), as palabras Masaxe Infantil engloban unha serie de técnicas de tacto, voz e mirada, que se foron entrelazando, dando unha estrutura suficientemente axeitada como para constatar uns beneficios para pais e nais e/ou coidadores/as e os/as seus nenos/as. Estes beneficios non se quedan tan só no ámbito fisiolóxico, senón que chegan máis alá, onde as fibras sensibles do sistema emocional son estimuladas e fortalecidas para poder crear un marco de confianza, seguridade e aceptación emocional. Isto favorecerá un crecemento máis equilibrado en todos os ámbitos da súa persoa.

Para obter información máis detallada sobre estes beneficios, podedes botar un ollo no seguinte ligazón:

A qué esperades?. Inscribídevos antes do mércores 4 en bicodeleite@yahoo.es

As prazas son limitadas.

Ese día vide co voso bebé, unha mantiña (levar unha esteira ou colchón se o teñen xunto coa mantiña) e aceite de masaxe preferiblemente vexetal, e a disfrutar desta experiencia! :)

miércoles, 6 de noviembre de 2013

Xuntanzas Temáticas 2013

Son o derradeiro venres do mes de 17 a 19h na Aula de educación maternal do SERGAS, na r/ Doutor García Portela 11-baixo.

Entrada libre e gratuíta

Setembro: A falta de Leite

Outubro: Lactancia e sono

Novembro: Alimentación complementaria

Xaneiro: O peso do bebé

Febreiro: Lactancia e reincorporación ao traballo remunerado

Marzo: Lactancia e fertilidade, embarazo e aleitamento en tandem

Abril: O destete

Maio: Reunión especial para futuras nais e futuros país

Xuño: Festa de fin de curso

Para máis información: bicodeleite@yahoo.es

www.bicodeleite.blogspot.com

jueves, 31 de octubre de 2013

Así foi o paso de Carlos González por Lugo


Onte despedimos a Carlos González logo de dous días moi ben aproveitados, con dúas charlas no Pazo de Feiras e Congresos: Necesidades Afectivas e Alimentación Infantil, outra charla no Colexio de Médicos, Farmacéuticos e de Enfermaría dirixida a persoal sanitario e asesoras de lactación sobre Uso de Fármacos durante a Lactación Materna e unha mesa redonda, luxazo que gozamos as socias de ambas as dúas asociacións (Bico de Leite e MEL) que asistimos a algunha das xornadas de Crianza con Apego, onde o destrozamos a preguntas e puidemos gozar do seu eterno bo humor.

Se 
tivesemos que resumir o que nos deixaron estas intensas xornadas diría que ningún esforzo por levar adiante unha lactación é pouco comparado co beneficio para o/a neno/a aleitado/a, que o desexo por seguir unha ou outra forma de crianza ha de atender sempre ao instinto propio e do/a neno/a, á ética do adulto que ha de recoñecer o que é correcto e non só en función do "beneficio", e que as nais vivimos uns tempos nos que, como nunca, temos acceso a unha información e recursos privilexiados que nos permiten ser o factor de cambio para lograr fillos/as máis felices e unha sociedade máis sa.

Déixanos un moi bo sabor de boca e ánimos renovados para seguir traballando en favor dos nosos fillos/ás.
Novamente, grazas por todo o traballo dos que fixeron posible esta marabillosa experiencia.

Deixámosvos unhas imaxes que o din todo:







miércoles, 30 de octubre de 2013

Venres festivo - local pechado

Este venres 1 de novembro non haberá reunión, debido a que o local do Sergas permanecerá pechado. Recordamos as nais que necesiten facer algunha consulta que poden escribir ao correo: bicodeleite@yahoo.es ou chamar aos números que aparecen no noso blog:

http://bicodeleite.blogspot.com.es/2009/02/contacto.html

E mañá, feliz Samaín!.

Bicos de cabazas con leite ;)


martes, 29 de octubre de 2013

Quedaches sen reserva...?. Aínda estás a tempo!.



Chegou o gran día!!!. Hoxe comezan as Xornadas de Crianza con Apego impartidas por o pediatra e autor Carlos González.


Moitos de vos quedástedes sen poder facer a reserva das entradas, polo que poñeremos a venda algúnhas entradas en taquilla por un prezo de 20 euros por familia (a apertura de portas será dende as 16:00 horas).



Non quedes sen vivir esta experiencia!.