domingo, 11 de agosto de 2019

Concilia vacacións Guitiriz

O martes día 6 estivemos no campamento de conciliación de Guitiriz "Concilia Vacacións 2019" pasando unha mañá cos nenos, contando contos, debuxando e falando de lactancia materna.

As nosas compañeiras Silvia, Marina e María prepararon a visita coas actividades que podedes ler no seguinte enlace:

www.agoraaberta.es/conciliavacacions/2019/08/08/visita-da-asociacion-bico-de-leite

Encantadas de ter estado con vos.