martes, 14 de enero de 2020

1º Curso de Asesoramento á lactación materna


Xa podedes inscribirvos no 1º Curso de Asesoramento á lactación materna que organizamos dende Bico de Leite.

Este proxecto naceu coa ilusión de ofrecer formación a todas as persoas interesadas no traballo de asesoramento en lactación. É un curso moi práctico onde se ofrecen ferramentas para aprender a dar apoio real ás mulleres e ás familias que desexan amamantar aos seus bebés.

O curso está dirixido tanto a nais que queren asesorar a outras nais, como profesionais sanitarios que queiran mellorar as súas habilidades como asesores en lactación.  Cremos que reunir a todas aquelas persoas que están en contacto con nais e bebés nunha única formación é moi enriquecedor e favoreceremos que a mensaxe que chegue a estas nais sexa consistente e uniforme.

 Se estás interesadas ou tedes algunha dúbida sobre o curso podedes dirixirvos ao correo electrónico indicado no cartel (cursoasesoria2020@gmail.com) ou ao teléfono 686147190 (Marina).

Agardamos que este curso vos emocione tanto coma nós.




No hay comentarios:

Publicar un comentario