martes, 14 de enero de 2020

1º Curso de Asesoramento á lactación materna


Xa podedes inscribirvos no 1º Curso de Asesoramento á lactación materna que organizamos dende Bico de Leite.

Este proxecto naceu coa ilusión de ofrecer formación a todas as persoas interesadas no traballo de asesoramento en lactación. É un curso moi práctico onde se ofrecen ferramentas para aprender a dar apoio real ás mulleres e ás familias que desexan amamantar aos seus bebés.

O curso está dirixido tanto a nais que queren asesorar a outras nais, como profesionais sanitarios que queiran mellorar as súas habilidades como asesores en lactación.  Cremos que reunir a todas aquelas persoas que están en contacto con nais e bebés nunha única formación é moi enriquecedor e favoreceremos que a mensaxe que chegue a estas nais sexa consistente e uniforme.

 Se estás interesadas ou tedes algunha dúbida sobre o curso podedes dirixirvos ao correo electrónico indicado no cartel (cursoasesoria2020@gmail.com) ou ao teléfono 686147190 (Marina).

Agardamos que este curso vos emocione tanto coma nós.




jueves, 9 de enero de 2020

Documental "Amamantar. El verdadero significado de la lactancia materna"



MAÑÁ VENRES 10 DE XANEIRO coincidindo coa reunión do noso grupo de apoio, presentaremos o documental "Amamantar. El verdadero significado de la lactancia materna", producido e editado por Edulacta.

Este documental conta coa participación de grandes personalidades da lactación materna: José Mª Paricio, Carlos González, Alba Padró, Carmen Vega, Lorena Moncholí, Kika Baeza, etc. e pretende desmantelar mitos e ofrecer información básica sobre a lactación materna que axude a cambiar as cousas.

O noso grupo de apoio á lactación materna únese a esta estrea a nivel mundial, coincidindo con numerosos grupos de apoio en todo o mundo.  Convidámosvos a todos os que queiran asistir a esta preciosa iniciativa de Edulacta.

Vémonos ás 11:00h no CS Praza do Ferrol, Aula de Educación Maternal, 3º andar, Lugo.