martes, 22 de diciembre de 2020

Felices Festas!!!

A nosa próxima reunión será o vindeiro 8 de xaneiro en horario de mañás. Lembrade que para calquera dúbida sempre estamos dispoñibles a través dos teléfonos (consúltaos no apartado do blogue). Tamén mantemos activo o correo electrónico bicodeleite@yahoo.es, non dubides en contactarnos. Moitas grazas e felices festas, este ano máis que nunca.

miércoles, 9 de diciembre de 2020

martes, 24 de noviembre de 2020

Reunións de nais on line

Retomamos as reunións de nais, pero en formato on line a través de Google Meet. A próxima será o día 27 de novembro de 17 a 19 horas. Se tes algunha consulta sobre lactancia ou crianza, estás embarazadae e tes algunha dúbida, queres escoitar as experiencias doutras familias ou simplemente queres desfrutar dun ratiño agarimoso con nos, inscríbete para conseguir o enlace á reunión no seguinte correo: reunionbico@gmail.com
Estamos desexando conectar con vos! Un bico de leite.

domingo, 16 de febrero de 2020

Sesión de fotos



¡En Bico de Leite precisamos da túa axuda!  



¿Queres unha foto tan chula como ésta? Queremos crear unha fototeca de fermosas fotos actuais dos bebés da nosa asociación. Para iso, o día venres 21 de febreiro ás 10:30 horas, temos organizada unha reportaxe fotográfica coa colaboración de Mermaid Fotografía e invitamos ás nosas socias e ás mamás que o desexen, a colaborar connosco. Cada muller levarase 4 fotos de estudio da súa maternidade de xeito totalmente gratuíto. 

Pódeste apuntar ou pedir más información no correo electrónico bicodeleite@yahoo.esou no 686147190. 

¡Esperámoste! . . . 

martes, 14 de enero de 2020

1º Curso de Asesoramento á lactación materna


Xa podedes inscribirvos no 1º Curso de Asesoramento á lactación materna que organizamos dende Bico de Leite.

Este proxecto naceu coa ilusión de ofrecer formación a todas as persoas interesadas no traballo de asesoramento en lactación. É un curso moi práctico onde se ofrecen ferramentas para aprender a dar apoio real ás mulleres e ás familias que desexan amamantar aos seus bebés.

O curso está dirixido tanto a nais que queren asesorar a outras nais, como profesionais sanitarios que queiran mellorar as súas habilidades como asesores en lactación.  Cremos que reunir a todas aquelas persoas que están en contacto con nais e bebés nunha única formación é moi enriquecedor e favoreceremos que a mensaxe que chegue a estas nais sexa consistente e uniforme.

 Se estás interesadas ou tedes algunha dúbida sobre o curso podedes dirixirvos ao correo electrónico indicado no cartel (cursoasesoria2020@gmail.com) ou ao teléfono 686147190 (Marina).

Agardamos que este curso vos emocione tanto coma nós.




jueves, 9 de enero de 2020

Documental "Amamantar. El verdadero significado de la lactancia materna"



MAÑÁ VENRES 10 DE XANEIRO coincidindo coa reunión do noso grupo de apoio, presentaremos o documental "Amamantar. El verdadero significado de la lactancia materna", producido e editado por Edulacta.

Este documental conta coa participación de grandes personalidades da lactación materna: José Mª Paricio, Carlos González, Alba Padró, Carmen Vega, Lorena Moncholí, Kika Baeza, etc. e pretende desmantelar mitos e ofrecer información básica sobre a lactación materna que axude a cambiar as cousas.

O noso grupo de apoio á lactación materna únese a esta estrea a nivel mundial, coincidindo con numerosos grupos de apoio en todo o mundo.  Convidámosvos a todos os que queiran asistir a esta preciosa iniciativa de Edulacta.

Vémonos ás 11:00h no CS Praza do Ferrol, Aula de Educación Maternal, 3º andar, Lugo.