domingo, 4 de noviembre de 2018

Reunión de nais en Burela

Boas, finalmente confirmámosvos que a reunión de nais de Burela terá lugar o próximo venres día 9 de novembro no lugar e hora habitual. E o 16 de novembro, xa como sempre, a reunión en Foz.

Graciñas.

jueves, 25 de octubre de 2018

Reunión Burela 2 de novembro

Por motivos persoais da asesora que leva as reunións en A Mariña, o venres día 2 de novembro, non haberá reunión en Burela. Se fose posible, tería lugar o venres seguinte. 

En calquera caso, manterémosvos informadas.

Graciñas.

sábado, 9 de junio de 2018

Arde Lucus!!!

E no Arde Lucus estaremos coas Obstetrix!!!

Bico de leite, o Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo e a Asociación Galega de Matronas organizan un aleitamento público conxunto o domingo 17 de xuño a partires das 13 horas nos posto das Obstetrix na Praza Maior. Agardámosvos a todas!!!
 
 

jueves, 7 de junio de 2018

Novo obradoiro práctico de porteo

O día 15 de xuño a partires das 11 horas teremos un novo obradoiro práctico de porteo coa nosa socia Elena Belgrano, asesora de porteo respectuoso. Ese día non teremos reunión de nais. Máis información e inscricións en bicodeleite@yahoo.es

domingo, 15 de abril de 2018

Obradoiro práctico de porteo

O venres 20 de abril teremos un novo obradoiro práctico de porteo en Lugo impartido por Elena Belgrano, asesora de porteo respectuoso. Será ás 17 horas, así que non teremos reunión de nais en Lugo, pero seguimos á vosa disposición no correo electrónico e nos teléfonos das asesoras.

As prazas son limitadas, se non foran suficientes, tentaremos organizar outro próximamente respectando a orde de inscrición.

Máis información e inscricións en bicodeleite@yahoo.es.