domingo, 2 de octubre de 2016

Semana Mundial da Lactancia Materna



WABA (Alianza Mundial a prol da Lactación Materna), entidade que traballa conxuntamente coa OMS e UNICEF e coordina cada ano a celebración da Semana Mundial da Lactación Materna (SMLM) fixo público o que será o lema da Semana Mundial de Lactación Materna 2016:
Lactación Materna: clave para o desenvolvemento sostible?
A SMLM 2016 centrarase na relación da lactación materna coa sustentabilidade e máis importante aínda, cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.
O desenvolvemento sustentable significa o desenvolvemento que satisfai as necesidades do presente sen comprometer as capacidades das xeracións futuras de satisfacer as súas propias necesidades. A lactación materna é clave para o desenvolvemento sustentable xa que vincula a lactación materna coa nutrición e a seguridade alimentaria; a saúde co desenvolvemento e a supervivencia; logrando unha produtividade económica e un potencial educativo completo xa que a lactación materna é unha práctica ambientalmente sostible de alimentación en comparación con outras alternativas.
No 2016 definiuse un novo conxunto de Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) baseados nos “asuntos pendentes” dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio e guiarán os programas de desenvolvemento para os próximos 15 anos.
 
 Hai 17 obxectivos que se aplican a todos os países por igual, que abarcan non só cuestións xerais como o cambio climático e a redución da pobreza senón tamén cuestións máis específicas, que inclúen:

1.       Acabar coa fame e mellorar a desnutrición e a sobre nutrición;
2.       Garantir unha vida sa e a promoción do benestar;
3.       Garantir unha educación equitativa, e
4.       Garantir a produción agrícola e o consumo sustentables.
Con todo, a lactación materna non se menciona expresamente en ningún dos obxectivos. Por tanto, o movemento da lactación materna ten que situar a lactación materna en todas as formas posibles. Isto axudará a asegurar que a lactación materna non se esqueza na nova era dos ODS.
Obxectivos da SMLM 2016:
·         Informar sobre os novos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) e como se relacionan coa lactación materna e a alimentación de lactantes, nenos e nenas pequenas (ALNP).
·         Ancorar firmemente a lactación materna como unha compoñente clave do desenvolvemento sustentable.
·         Impulsar unha variedade de accións de lactación materna e alimentación infantil a todos os niveis, na nova era dos ODS.
·         Participar e colaborar cunha ampla gama de actores para a promoción, protección e apoio da lactación materna.
Feliz Semana Mundial da Lactancia Materna!!!