domingo, 31 de mayo de 2015

Obradoiro de masaxe infantil

E non paramos, o día 13 de xuño, na Casa da Xuventude, teremos un novo obradoiro de masaxe infantil impartido pola nosa socia, asesora de lactancia e fisioterapeuta Belén García Iglesias.

Inscricións no noso correo bicodeleite@yahoo.es ata o día 11 de xuño.

Vide co voso bebé, una mantiña e esteira ou colchón se tedes, e aceite de masaxe preferiblemente vexetal.

Máis información sobre os beneficios do masaxe en:


 

Fotos do obradoiro práctico de porteo

E xa podemos ver algunhas fotos do obradoiro práctico de porteo de onte, graciñas a todos e todas!!!!!









martes, 19 de mayo de 2015

Obradoiro práctico de porteo respectuoso

Agora que xa coñecemos os beneficios de portear e diferentes tipos de portabebés, queremos dar un paso mais. Se queres saber como portear de forma segura e practicar cos distintos portabebés, este é o teu obradoiro. Lembrade que é precisa a inscrición previa antes do día 28 de maio.

lunes, 18 de mayo de 2015

Grazas

Porque en Bico de leite somos una familia, aquí vos deixamos a foto de familia dos que estivemos na nosa festa de X aniversario. Grazas de novo a todos e todas.

lunes, 11 de mayo de 2015

Festa do X aniversario

Gracias a todos e todas os que compartistes este día de celebración. Pasámolo de maravilla, falamos de lactancia e tamén de mil temas mais, puxémonos nostáxicas lembrando os nosos inicios, pero tamén miramos ao futuro con ilusión, coa ilusión que nos da o voso apoio, ver a eses bebés que un día mamaron na nosa reunión xa correndo e tomando teta aínda. Gracias á Xunta Directiva polo traballo destes meses, gracias ás socias, gracias ás nais que facedes posible Bico, e gracias aos pais, que como ben se dixo na nosa mesa redonda, son moitas veces os grandes invisibles na lactancia, e ao mesmo tempo, pilares fundamentais.

Retomamos a nosa actividade habitual con forzas renovadas, e deixámosvos unhas imaxes dos nenos gozando da animación, da nosa emotiva mesa redonda, das asesorías, do obradoiro de cociña, das actuacións de O son que me arrola da Asociación socio-educativa Antonio Gandoy e de Cé Orquestra Pantasma, e do xantar.

















 

 



 
 









 

jueves, 7 de mayo de 2015

Cé Orquestra Pantasma

E remataremos o día da festa coa actuación de Cé Orquestra Pantasma. Que non sabedes quen é? Pois aquí volo contamos: o vigués César Freiria, músico autodicacta e apaixoado dos instrumentos musicais que comezou a súa andaina musical aos oito anos dentro da música tradicional e dende aquela non deixou de navegar polos variados estilos da musica popular, chegando a formar parte de grupos tan dispares entre si como A Roda ou banda de punk Oxtiax ke te Pariu.




Lembrade que mañá é o último día para inscribirvos ao xantar.

martes, 5 de mayo de 2015

O son que me arrola

E despois de xantar, teremos una actuación musical para os mais pequenos, en colaboración coa Asociación socio-educativa Antonio Gandoy, que é unha entidade sen ánimo de lucro que ten como fins primordiais defender e reivindicar a importancia educativa da familia nos primeiros anos, así como un compromiso firme coa lingua, a cultura, a contorna e o saber propios como bens imprescindibles para o desenvolvemento da persoa.

"O son que me arrola" é unha proposta musical que ofrece a posibilidade de achegar aos máis pequenos a cultura tradicional galega, da man dos cantos de berce, rimas e a instrumentación, e a posibilidade dun espazo lúdico onde a familia pode experimentar e manipular os diferentes instrumentos de percusión e outros realizados con materiais de refugallo.

Deixámosvos un vídeo da Fundación TIC sobre a actividade para ir abrindo boca.



 

viernes, 1 de mayo de 2015

As diferentes caras da lactancia

A nosa mesa redonda da Festa de X aniversario versará sobre as diferentes caras da lactancia. Hai tantas lactancias como díadas nai-bebé, incluso a mesma nai pode experimentar grandes diferencias entre as lactancias dos seus fillos. Queremos mostrar que, sexan cales sexan as circunstancias persoais de cada un, traballes na casa ou fóra, teñas a profesión que teñas, podes dar lactancia materna ao teu fillo. Así que contaremos con:

- Esther Martínez Bécares, matrona, asesora de lactancia, e primeira presidenta de Bico de leite.

- Guadi Galego, cantante e artista.

- Cristina Azanza, deportista.

- Chus Conde, enfermeira na planta de obstetricia e asesora de lactancia.

- Montse Espíndola, nai a tempo completo e asesora de lactancia.

Con elas e co público falaremos de todas esas caras da lactancia, as que nos poden resultar coñecidas, e as máis alleas . Vinde compartilas con nós!!!!