jueves, 30 de abril de 2015

Fotos do obradoiro para avós e avoas

Aquí vos deixamos as fotiños do obradoiro do día 29 para avós e avoas. Gracias aos asistentes, a Esther, a nosa asesora, e á Área de Benestar e Igualdade do Concello de Lugo.





miércoles, 29 de abril de 2015

Unha década acompañando lactancias



 
 
Bico de leite somos mulleres, somos nais,e tamén somos nenas e nenos, país, avós e avoas, amigas e amigos...

Bico de leite é tamén un lugar, un punto de encontro, un sitio distinto onde damos teta, pero tamén onde damos outras cousas, damos alento e agarimo, damos información e comprensión, damos axuda práctica, respostas, pero tamén interrogacións... para seguir aprendendo.

Bico de Leite é unha parte dunha trama formada por moitos grupos e moitas persoas unidos por uns fins e un sentir común, que se atopa cando decides aleitar e sobre todo cando comezas a aprender algo máis sobre o que iso significa para as nenas e nenos, para as nais, para as familias, e para toda a sociedade.

Bico de Leite é un soño, onde todas as nais que o desexan poden amamantar todo o tempo que elas e os seus meniños queren...

Bico de leite é unha loita e un sentimento, é un saber que é posible construir un mundo mellor...

Por todo isto, dámosvos as grazas, por crer en nós, por axudarnos, por colaborar e participar, por compartirnos as túas experiencias. Grazas ás socias e ás asesoras, por dar ese anaquiño de vós, ás nais, e a todas as que fixestes, facemos e faran,... para seguir dando información e apoio a quen o desexe ou precise, e facer medrar esta gran familia que hoxe somos: "Bico de Leite". Agardámosvos o día 1o de maio na Casa da Xuventude a partires das 10.30 horas para pasar o día xuntos.
 
Non esquezades inscribirvos para o xantar no noso correo electrónico bicodeleite@yahoo.es

 
Grazas
Bicos... de leite

jueves, 23 de abril de 2015

Obradoiro de lactancia materna para avós e avoas

Porque o apoio da familia é fundamental para unha lactancia exitosa.

Porque queremos que os avós e as avoas dos nosos fillos e fillas saiban como axudar.

Porque nos consta que son unha peza importante na lactancia materna.

Por todo iso, Bico de leite imparte un obradoiro o día 29 de abril ás 11.30 horas no Centro de convivencia de Fingoi organizado pola Área de Benestar Social e Igualdade do Concello de Lugo. As persoas interesadas en asistir deben anotarse previamente no teléfono 982 29 74 55.


 
 
Xa sabedes, agardámosvos!!!!

lunes, 20 de abril de 2015

Suspensión do contrato por risco para a lactancia


Achéganos unha das nosas socias a sentenza favorable que obtivo sobre a suspensión do contrato por risco para a lactancia, e que xenerosamente nos cedeu para que vos contemos o que nela se recolle e que pode ser interesante para quen se atope en situación similar.

A sentenza recolle que a exposición da traballadora en situación de lactancia natural a axentes, procedementos ou condicións de traballo que poidan influir negativamente na saúde das traballadoras ou do lactante esixe unha avaliación de ditos riscos e que esta ha de ser específica, é dicir, alcanzar á determinación da natureza, grao e duración da exposición, coñecendo con detalle a natureza, extension, características, tempo de exposición e seguimento da existencia do mesmo, e que o empresario debe adoptar as medidas necesarias para evitar a exposición a ditos riscos a través dunha adaptación das condicións ou do tempo de traballo da traballadora afectada.

Cando esta adaptación non sexa posible, ou resulta insuficiente, a traballadora deberá pasar a desenvolver una posto de traballo ou función diferente e compatible co seu estado, podendo incluso ser destinada a un posto non correspondente ao seu grupo ou categoría equivalente, se ben conservando o dereito ao conxunto de retribucións do seu posto de orixe.

E só cando todo elo non sexa posible, poderá declararse o paso da traballdora afectada á situación de suspensión do contrato por risco durante o embarazo durante o período necesario para a protección da súa seguridade ou da súa saúde, e mentras persista a imposibilidade de reincorporarse ao seu posto anterior ou a outro posto compatible co seu estado.

En concreto, entende esta sentenza que a non existencia de seguridade no transporte e conservación de leite, así como que non se dispoña das condicións de intimidade e hixiene necesarias para a extracción supón que se produza un impedimento da normal pauta das tomas propias da lactancia natural, así como a extracción do leite, o cal pode comportar riscos para a saúde da nai como é a mastite, ou para a propia subsistencia da lactancia natural como é a inhibición definitiva do leite.

Así que xa sabedes, ter as condicións axeitadas para manter a lactancia materna dos nosos bebés, e o noso dereito.

domingo, 12 de abril de 2015

Fotos do obradoiro de porteo respectuoso

Onte tivemos un novo obradoiro de porteo respectuoso con Elena Belgrano, no que puidemos aprender sobre porteo e ver e probar distintos portabebés. Deixámosvos unhas poucas fotos para que as vexades e agardámosvos no próximo.







jueves, 2 de abril de 2015

Obradoiro de porteo

O 11 de abril, de 10.30 a 13.30 teremos un novo obradoiro de porteo na Casa da Xuventude no que poderemos falar dos beneficios do porteo, e ver e probar diversos portabebés, impartido por Elena Belgrano, asesora de porteo certificada.

Os interesados en asistir tedes que apuntarvos no correo de Bico de leite bicodeleite@yahoo.es antes do 9 de abril.

Agardámosvos!!!!