viernes, 5 de diciembre de 2014

COLABORACION CO CIFP POLITECNICO DE LUGO

Como vimos facendo dende hai 9 anos, neste 2014 tamén estivemos a colaborar coa profesora Dona Nieves López López do CIFP do Politécnico de Lugo.
Esta profesora imparte clases no Ciclo Superior de Formación Profesional "Técnico superior de educación infantil", e sempre contou  connosco para abranguer o tema da lactancia materna dentro da formación integral do seu alumnado.

A nosa socia fundadora e asesora en lactancia Esther impartíu sendas charlas informativas nos módulos de "desenvolvemento cognitivo e motor" e "desenvolvemento socioafectivo" para dar a coñecer aos alumnos a realidade da lactancia materna.
Falouse das consignas básicas para que unha lactancia poida ser exitosa,  do manexo do leite extraído que pode ser que as nais aporten a unha escola infantil, así como das opcións que dende os seus futuros postos de traballo terán para apoiar e mesmo axudar ás familias que opten pola lactancia materna. Aportóuselles material e enlaces a fontes de información serias e contrastadas sobor deste tema, transversal no que a formación para a vida se refire e de tan vital importancia para a saúde pública. 

Agradamos terlles sido de axuda e que a nosa colaboración se poida seguir estendendo no tempo. Para nós sempre foi un pracer poder acceder a este sector de futuros profesionais que estarán en contacto cos nosos fillos e fillas dende moi temprana idade.

Grazas , alumnos, pola vosa atención. Grazas, Nieves, pola tú iniciativa e a confianza que sempre depositas en Bico de leite para amosar este tema ás futuras xeracións e grazas Esther.