lunes, 6 de octubre de 2014

NOTA INFORMATIVA



Lamentamos comunicarvos que, pese ao noso ofrecemento voluntario como outros anos para decorar e atender o caseto de lactancia que se viña instalando no feiral por San Froilán para que as familias que o precisaran o utilizaran para amamantar, cambiar aos seus bebés ou o que necesitaran, este ano, o Concello de Lugo decidiu non poñelo sen que sequera se nos informara dos motivos. 
Dende Bico de leite sentimos que se poña fin a unha colaboración que xa duraba anos e se deixe de dar un servizo que nos consta que era utilizado e apreciado polas familias lucenses e polas de fora que se achegaban a visitar a nosa cidade.



Dende Bico de leite desexámosvos un feliz San Froilán

viernes, 3 de octubre de 2014

LACTANCIA MATERNA ¡UN TRIUNFO PARA TODA A VIDA!



Esta semana celébrase en Europa a Semana Mundial da Lactancia Materna, que este ano leva por lema LACTANCIA MATERNA ¡UN TRIUNFO PARA TODA A VIDA!


Os obxectivos da SMLM 2014 son:
  • Informar sobre os "Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio" e como se relacionan coa lactación materna e a alimentación do lactante e do neno pequeno.
  • Mostrar os progresos realizados na alimentación do lactante e do neno pequeno e chamar a atención sobre os principais baleiros que presenta neste momento.
  • Chamar a atención sobre a importancia de intensificar as accións para protexer, promover e apoiar a lactación materna como unha intervención clave nos "Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) ".
  • Estimular o interese entre os mozos de ambos os dous sexos para percibir a relevancia da lactación materna no mundo actual.
Dende Bico de Leite,

Recoñecemos:

  1. Que a lactación materna é un Dereito de todas as familias.
  2. Que o apoio ás familias que aleitan pasa por unha boa información, unha boa atención sanitaria, o respecto social, medidas de conciliación familiar e laboral axeitadas e tamén pola implicación de todos os seus membros e da comunidade.
  3. Que o apoio "nai a nai" é unha forma de apoio social e comunitario baseado na axuda mutua entre persoas que comparten unha mesma experiencia, a de aleitar os seus fillos e fillas.
Temos en conta:
  1. En 1190 os gobernos e as Nacións Unidas estableceron os "Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio" para combater a pobreza e promover o desenvolvemento saudable e sostible no 2015 e máis alá.
  2. Que aínda que se avanzou moito na consecución dos "Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio" aínda quedan gran cantidade de "asuntos pendentes".
  3. Que protexer, promover e apoiar a lactación materna, contribúe de xeito substancial á consecución de cada un dos "Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio".
  4. Que o apoio social e comunitario "nai a nai" que ofrecen os grupos de apoio á lactación demostrou ser unha ferramenta eficaz de ofrecer apoio ás mulleres que aleitan.
Cremos necesario:
  1. Dar visibilidade á importancia de aumentar e manter a protección, promoción e apoio á lactación materna na axenda post 2015.

E polo tanto, pedimos:
  1. Que se difundan os "Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio do Milenio" e como se relacionan coa lactación materna e a alimentación do lactante e o neno pequeno.
  2. Que os sistemas de saúde promovan a lactación materna e a axeitada incorporación de alimentos complementarios a partir dos 6 meses baseándose nas recomendacións de OMS e UNICEF.
  3. Que se informe sobre lactación materna e hábitos saudables de alimentación a todos os niveis, sobre todo aos mozos de ambos os dous sexos dende primaria e secundaria.
  4. Que as asociacións e grupos de apoio á lactación materna reciban apoio social e institucional para facilitar os seus servizos, actividades de apoio ás nais lactantes e a formación das súas asesoras.
Queremos desexar a todas as persoas que apoian a lactancia materna e axudan a sua promoción, unha moi feliz Semana Mundial da Lactancia Materna 2014 !!!