jueves, 29 de mayo de 2014

Xuntanza Temática para Futuras/os Nais e Pais

Mañá venres 30 de maio teremos a nosa reunión temática de mes, orientada a informar sobre a lactación materna para futuras/os nais, pais e os seus acompañantes, así como resolver as dúbidas existentes. 

Será de 17 a 19 h no noso local na Aula de educación maternal do SERGAS, na r/ Doutor García Portela 11-baixo




Falarase sobre temas como: Beneficios da lactación para a mamá e o bebé, implicación do pai, coidado das mamas, aleitamento, frecuencia e demanda, recomendacións da OMS, retos no camiño. 

A muller que se informa e prepara durante o embarazo ten maior posibilidade de ter unha lactación máis satisfactoria e con menos inconvenientes, ademais, sábese que contar coa axuda dun grupo de apoio durante a lactación ten numerosas vantaxes: Asegurar a continuidade da lactación, evitar abandonos indesexados, mesmo se podería reducir á metade as visitas por enfermidade nas consultas de pediatría. 


Animarvos a vir, a informarvos e a compartir con outras mamás que xa están inmersas neste fermoso Camiño. 


martes, 6 de mayo de 2014

Exposición de Debuxos Contacontos "Ma-ma maxia"




No Centro Social de Fingoi están expostos ata o 5 de xuño os debuxos que fixeran as/os nenas/os tras o Contacontos "Ma-ma maxia" da Biblioteca Nodal en xaneiro:

A partir do conto “Maxia!” de Charo Pita, a historia e a música guiaronnos na procura do segredo que fai calmar a un bebé cando este chora. Os nenos e as nenas participaron nas accións musicais con xogos ritmicos e melodias sinxelas que axudaron ao protagonista a ir avanzando na intrépida busca da máxica receita...

E para lembrar esta aventura non deixedes de asistir a ver estas obras de arte!.


sábado, 3 de mayo de 2014

OBRADORIO DE MASAXE INFANTIL 29/04/14

O martes tivemos o obradoiro de masaxe infantil ca nosa compañeira Belén, fisioterapeuta e nai de 3 fillos.
Foron duas horas moi ben aproveitadas e nas que disfrutamos moito cos nosos bebés.
Deixovos unhas fotiños para que vexades o ben que o pasamos.
Gracias a tod@s por asistir.
Un bico... de leite