domingo, 29 de septiembre de 2013

Algo grande está a piques de chegar!!!



BICO DE LEITE ten a honra de anunciarvos e convidarvos a unha nova actividade na que contaremos cun referente indiscutible para a lactancia materna e a crianza con apego como é o noso ben querido pediatra Carlos González. 
As asociacións "Bico de Leite" e "Medrando en Lugo" traeremos o vindeiro mes de outubro á nosa cidade ao

"Dr CARLOS GONZÁLEZ!!!"


Gozaremos dos seus sabios consellos e coñecementos, facéndonos partícipes do bo e fermoso que resulta unha crianza con apego, e máis de cal é o modo máis axeitado de dar unha alimentación infantil, dende dar o peito á alimentación complementaria ..., e todas esas cousiñas de lactancia e crianza que no día a día como nais ou pais nos xorden/ asaltan e preguntámonos.







"Durante años vi la lactancia con ojos de médico. Es la mejor nutrición, protege contra muchas enfermedades, salva miles de vidas, su promoción es una cuestión de salud pública... 
Luego tuve tres hijos, y algo cambió. Vi a mis hijos mamar y a mi esposa dar el pecho, y sentí ... ¿orgullo, admiración, asombro, embeleso, envidia? Mucho he leído desde entonces sobre lo que siente un padre en tales circunstancias pero aún no soy capaz de dar una descripción adecuada. La vida tiene profundidades que las palabras no alcanzan a sondar.
Comprendí que la lactancia no es una herramienta para conseguir la salud, sino una parte de la salud misma. No es un medio, sino un fin.[...] Son partes normales de una vida plena. Ahora sé que la lactancia no es un esfuerzo, y mucho menos un sacrificio, que la mujer hace por el bien de su hijo, sino una parte de su propia vida, de su ciclo sexual y reproductivo. Un derecho que nadie le puede arrebatar."

Carlos González (Un Regalo para toda vida. Guía de la lactancia materna).




 As Xornadas de Crianza con Apego será unha actividade conxunta coa asociación MEDRANDO EN LUGO (http://medrandoenlugo.es/ ) coa que temos o gusto de organizar esta fantástica actividade.
Terán lugar os días 29 e 30 de outubro, coa seguinte temática:


-29 de outubro ás 17:00h: Necesidades afectivas dos nenos/as



-30 de outubro ás 17:30h: Alimentación infantil.



Celebraranse no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. 

asistencia ás conferencias será baixo reserva previa na nosa conta de correo electrónico bicodeleite@yahoo.es ou no de MEL medrandoenlugo@gmail.com


O prezo para asistir as dúas charlas será de 15 euros para familias socias e 20 para as non socias. Tamén existe a posibilidade de acudir a unha soa charla por un prezo de 10 euros os socios e 15 os non socios.



Facilitaremos un espazo e monitores para os pequenos biqueiros/ as e meleiros/as.



A data límite de reserva será o 25 de outubro ou ata completar aforo.



Esperámosvos, vide a compartilas connosco, non volo perdades!!! :-D



jueves, 26 de septiembre de 2013

Reunión Temática: A falta de leite

O venres 27 de setembro de 17 a 19h na Aula de educación maternal do SERGAS, sito na rúa Doutor Garcia Portela 11-baixo, teremos a nosa primeira reunión temática do curso 2013-2014, para falar do tema que nalgún momento ó longo da nosa lactancia nos preocupou a todas:

A FALTA DE LEITE

Os estudos e informes oficiais, advirten reiteradamente que as preocupantes tasas de lactación materna se deben a unha falsa hipogalactia, derivada da falta de apoio social e institucional.

Se tendes dificultades, ou o tivestes e o superastes, se ós tres meses "se vos foi o leite" e deixastes de dar peito e non queredes que vos volva pasar ou queredes saber que foi o que pasou e como evitalo ou solucionalo, que se pode, achegádevos a falar un rato con outras mamás, acompañadas polos vosos bebés ou nenos e nenas e por quen vós queirades.

Agardámosvos!


martes, 17 de septiembre de 2013

Cancelada próxima reunión semanal en Foz


Informamos as persoas interesadas que este venres non se fará a reunión semanal en Fozdebido a que a nosa Montse se encontra convalecente dunha operación e xusto lle acaban de dar a alta.

Recordámosvos que en Lugo estaremos no horario habitual, e como sempre, podedes facer consultas telefónicas ou por email.


Manterémosvos informados sobre as novidades en canto ás reunións en Foz.




domingo, 1 de septiembre de 2013

Despedindo ao verán... e preparándonos para máis.


Falta moi poco para dicir adeus ao calorciño estival e continuar a rutina de sempre.

En Bico de Leite, quedamos con bo sabor de boca, pois estas vacacións nos deixaron:
  • As experiencias compartidas con cada nai que acudiu ás reunións de tódolos venres, pois as nosas asesoras traballan arreo todo o ano.
  • Unha marabillosa Xornada de Actualizacións en LM, coa nosa Patricia, da cal vos deixamos algunhas fotos.
  • Pero ademais, con moitisima ilusión en Bico de Leite estamos a xuntar tódolos ingredientes, porque algo moi moi grande vai ter lugar... idevos preparando.... ¡en breve teredes mais noticias!.