sábado, 22 de diciembre de 2012

Sigamos soñando...


esto no

Con que na sociedade (incluído o estamento médico) se recupere a cultura da lactancia...

Con que nos libros todos os bebés mamíferos sexan aleitados...

Con que os establecementos comerciais cumpran o Código de comercialización de sucedáneos...

E sobre todo, con que as nais volvamos crer en nós mesmas e recuperemos o PODER de parir e de aleitar aos nosos fillos e fillas.

mamabebe

Queda aínda moito por facer, mais no 2013 seguiremos traballando...


BO NADAL E FELIZ ANINOVO!

jueves, 20 de diciembre de 2012

O NADAL CHEGA Á TRADESCOLA!!!



O vindeiro venres día 21 de Decembro rematan as clases na Tradescola para voltar de novo xa no ano que ven o martes día 8 de Xaneiro. Estamos a organizar varias actividades para ese día (21 de decembro) no Centro Lug II (na Tradescola).
-Para os nenos e papás da Tradescola teremos a partir das 18.00 horas un obradoiro de cantos e bailes de Nadal a cargo de Xabier Iglesias.
-Seguidamente ás 19.30 horas estará con nos Pablo Díaz e Diego Barral co Concerto do TIC- TAC, concerto para nenos e maiores que será gratuito e aberto a toda a poboación.
-E para rematar ás 21.00 horas faremos unha foliada !!!
Esperámosvos a todos para tomar uns pinchos e tocar e bailar xuntos. Non vos esquezades de traer os vosos instrumentos, e de anotarvos no listado da Tradescola, por teléfono (982229966) ou contestando a este mail indicando as persoas que ides a vir.
Data máxima para inscribirse á FOLIADA : Xoves 20 de decembro. O prezo para asistir a mesma é de 6 €/ persoa.
Dende a Tradescola e dende a Asociación de Gaiteiros Galegos aproveitamos para desexarvos unhas boas festas, e un bon comezo de ano!!!

martes, 18 de diciembre de 2012

Colaboración de Carmen Sirvent Artiaga, psicoterapeuta



Carmen Sirvent Artiaga, psicoterapeuta humanista integrativa, formada con Laura Guttman
comezará a colaborar coas socias de Bico de Leite facéndolles ás mesmas un desconto en
todas as terapias que se ofertan no Centro de Terapias Estelae Moisso de Lugo.

Aquí tedes información máis ampliada sobre Carmen e as outras terapias ás que podedes
aceder no centro. http://www.carmensirvent.com/

Se queredes disfrutar destes descontos solicitádenos a través do correo electrónico o carné
que acredita a vosa asociación a Bico de Leite e despois poderédelo recoller no local de
reunións. Cada ano se renovarán.

sábado, 15 de diciembre de 2012

Crises de crecemento II


(traducido e adaptado de www.lactaranda.org.es)

2011-12-16 20_00_03

CRISE dos 6 MESES 
- Non ocorre en todos os bebés. 
-Ao introducir a alimentación complementaria (AC), algúns apaixóanse con ela e teñen pouca gana de mamar. Entón a nai intenta darlle e o bebé négase, anóxase, podendo mesmo mordela.
- Case non maman polo día, enfádanse e morden o peito... Así as nais interpretan que rexeitan o peito porque xa non o precisan... Porén, un bebé desta idade aínda precisa un grande aporte de leite. Cómpre ter paciencia e agardar a que recupere o interese por mamar. Non se trata de perseguir ao bebé coa teta, senón de favorecer o contacto físico (p.e. mediante o porteo), coa finalidade de que vexa o peito coma unha opción, non coma unha obriga.

CRISE dos 8-9 MESES 
- Non ocorre en todos os bebés
- Pode manifestarse de dous xeitos opostos:
1. Hai bebés que prefiren gatear, experimentar, tocar… antes que mamar. Cando a nai lles ofrece o peito, enfádanse, choran... Non queren teta, senón fuxir facer outras cousas...
- Máis ca o peito o que rexeitan é a postura: aleitalos de pé é máis efectivo (xa non gostan da posición de berce)
- Poden morder o peito con insistencia. 
- Dormidos ou adormiñados maman ben. Só rexeitan o peito cando hai acción. 
2. A outros bebés pásalles o contrario. Comezan coa angustia de separación e maman moitísimo: fan constantes "chupitos" de peito para impedir que súa nai desapareza, pois sinten que pode desaparecer en calquera momento.

CRISE do ANO
- Ao ano só maman, non comen doutros alimentos.
- Os que comían AC deixan de comer e só maman, e los que non comían doutras cousas, seguen querendo só mamar. 
- Isto débese a que ao ano deixan de crecer durante un período duns 6 meses, e só coa enerxía aportada polo leite materno e un pouquiño de AC teñen dabondo.

CRISE dos DOUS ANOS
- Aos dous anos parecen acabados de nacer.
- É unha etapa complicada e a maneira de reencontrarse coa nai é o peito. Con el consólanse e pasan unha tempada de altísima demanda.
Moitas nais que superaron as anteriores crises viven os dous anos con grande angustia. Afortunadamente, é a derradeira crise.

Susana
bicodeleite@yahoo.es

martes, 11 de diciembre de 2012

OBRADOIRO DE PORTEO




Este venres día 14 de decembro de 17 a 19 horas, na Aula Maternal do Sergas, Bico de leite organiza un obradoiro de porteo, onde se explicará as vantaxes que conleva levar ós nosos nenos nun portabebés, e Irene nos explicará como se colocan da maneira mais fácil.
Vos esperamos a todas!!!!

sábado, 1 de diciembre de 2012

Reflexo disfórico da exección do leite

dmer

É unha abrupta disforia ou unha aparición de emocións negativas que sucede xusto antes da subida do leite e dura uns poucos minutos.
O seu espectro de gravidade é o seguinte:
-Nivel 1 (suave): melancolía
-Nivel 2 (moderado): ansiedade
-Nivel 3 (severo): gran axitación
Non é depresión postparto nin ten orixe psicolóxico. Tampouco é axitación do aleitamento (da que vos falamos noutra entrada), xa que o DMER:
.tamén se dá en bebés acabados de nacer
.só dura ao comezo da toma
Malia que de momento se carece de estudos concluíntes, todo apunta a que a súa causa sexa fisiolóxica: un desaxuste dos niveis de dopamina no momento da subida do leite.
Perante estas situacións as asesoras debemos, coma sempre:
. Validar os sentimentos da nai
. Facerlle ver que non é culpa súa
. Animala a buscar información
. Apoiala nas súas decisións

+info en www.d-mer.org (web da IBCLC Alia Macrina)

Susana 
bicodeleite@yahoo.es