Despois dunha longa espera, moitos preparativos e viaxes aos coles, na Mariña,se celebrou o IV certame de debuxo de Bico de Leite.
Participaron 5 colexios da zona:
CEIP de Cervo (Cervo), con 10 alumnos.
CEIP Pedro Caselles Rollán (Xove), con 26 alumnos.
CEIP Fondo Nois (Nois, Foz), con 34 alumnos.
CEIP Castro de Ouro (Alfoz), con 20 alumnos.
CEIP Santa María de Valadouro (Ferreira), con 27 alumnos.
Coa colaboración moi especial de Pablo, de 9 anos.
Un total de 115 nenos, foron os participantes nesta ocasión.
Pasamos unha tarde moi agradable con Caxoto, que nos contou, despois de que Hugo (fillo da nosa compañeira Chus) puidese dominar o seu ataque de risa, cómo Sabela encontrou o instrumento musical que lle gustaría tocar, ademais de agasallarnos con diversas figuriñas de globos, ata un spiderman fíxonos. Tamén fué o encargado de dar os regalos aos pequenos artistas que se animaron a pasar a tarde connosco.
Un día para recordar por moitos.
Grazas a tod@s pola vosa colaboración, presenza e companía.
martes, 19 de junio de 2012
IV Certame de Debuxo de Bico de Leite na Mariña
lunes, 18 de junio de 2012
CHARLA EN FRIOL
Hoxe 18 de xuño de 2012 celebróuse en Friol a primeira charla informativa sobre lacatancia materna, organizada pola asociación Bico de Leite en colaboración co Excmo. Concello de Friol.
sábado, 9 de junio de 2012
CHARLA INFORMATIVA SOBRE LACTANCIA MATERNA EN FRIOL
O próximo día 18 de xuño ás 10:30 h, vos esperamos no salón de actos do Centro Sociocultural de Friol, onde estaremos xunto con Eva Fernández Busto, matroa do Centro de Saúde de Palas de Rei, para falar sobre lactancia materna, dos seus beneficios, e mais se tendes algunha consultiña que facernos.
jueves, 7 de junio de 2012
Día dos Dereitos do Nacemento
“Lo que ocurre en los paritorios se parece tanto a un nacimiento
como la inseminación artificial a la relación sexual,
o la alimentación a través de un tubo al acto de comer”
R. Laing, psiquiatra
Hoxe 7 de xuño celébrase o día dos Dereitos do Recén Nacidos.
A Plataforma Pro Dereitos do Nacemento foi formada fai xa unha década por un grupo de pais e profesionais de diversos campos co obxectivo de crear unha "Nova Cultura do Nacemento", denunciar publicamente a situación que viven moitas madres e os seus recén nacidos no momento de dar a luz, achegar información e formación sobre estes temas e apoiar aos pais que queren proporcionar ao seu fillo unha mellor benvida á vida.
A presidenta da Plataforma, Angeles Hinojosa, explica nesta entrevista a situación actual dos partos, as súas consecuencias e as súas solucións:
Dereitos que deberían ser respectados en todos os centros sanitarios do noso país:
(fonte: http://pdn.pangea.org/plataforma.html)
1º O bebé ten dereito ao recoñecemento e ao respecto da súa capacidade física e mais das súas necesidades emocionais, tanto na súa vida intrauterina como na extrauterina e especialmente durante o tránsito entre ambas.
2º O bebé ten dereito a ser atendido persoalmente pola súa nai, como mínimo, durante o primeiro ano de vida. A nai ten dereito a gozar do contacto íntimo co seu bebé durante a súa estada no hospital.
3º O bebé e a súa nai teñen dereito á intimidade e ao respecto. O lugar, o ambiente e mais a compañía no momento do parto/nacemento deben coidarse con esmero. (1)
4º O bebé e a súa nai teñen dereito a ser os principais protagonistas do parto/nacemento, e a que se respecten o seu momento e mais o seu ritmo.
5º O bebé e a súa nai teñen dereito a que o seu nacemento/parto transcorra de xeito fisiolóxico e sen intervencións innecesarias, como recomenda a OMS. (2)
6º O bebé ten dereito a ser acollido pola súa nai tras o nacemento e a ficar xuntos nas horas seguintes e durante toda a estada no hospital. Ningunha exploración de rutina xustifica a separación do bebé da súa nai. (2)
7º O bebé e a súa nai teñen o dereito a que durante a súa estada no hospital se respecten os “10 pasos para unha lactación feliz”, establecidos por UNICEF mais a OMS e asumidos pola Asociación Española de Pediatría, e a gozar da lactación materna a demanda como mínimo até os 2 anos. (3)
8º O pai e a nai teñen a obriga de buscar e o dereito a recibir toda a información e, ben asesorados, tomar persoalmente todas as decisións relacionadas co benestar do bebé.
9º O bebé intraútero ten dereito a que se evite toda situación que poida provocar a perda de benestar emocional na súa nai. O exceso e abuso de controis durante a xestación poñen en perigo a confianza da xestante e ameazan o lugar de benestar natural que supón o útero. (4)
10º O bebé prematuro ten dereito a ficar pegado ao corpo da súa nai até que acade o peso e as condicións óptimas de saúde. Ningunha unidade de neonatoloxía é máis saudábel para o bebé ca a pel materna. Todo bebé prematuro ten dereito a ser incubado co Método Nai Canguro. (5)
Referencias
1.Principios OMS sobre coidado perinatal
http://www.elpartoesnuestro.es/index.php?option=com_content&task=view&id=112&Itemid=81
2."Cuidados en el parto normal: una guía práctica"
http://www.elpartoesnuestro.es/components/com_docman/documents/Cuidados_parto_normal.pdf)
3.Iniciativa pola humanización da asistencia ao nacemento e pola lactancia
http://www.ihan.org.es/
4."El posible efecto nocebo del cuidado perinatal" , Dr. Michel Odent
www.birthworks.org/primalhealth
5.Dereitos do neno hospitalizado
http://hospitalalassia.com/burocratica/Derechoninosinternado.htm