martes, 31 de marzo de 2009

Reunións temáticas de abril, maio e xuño

Xa podedes consultar os temas das vindeiras reunións temáticas que teñen lugar o último venres de cada mes de 17 a 19 horas no local da rúa García Portela 11, baixo.



Lembrámosvos que a reunión estará adicada a un tema cunha pequena charla inicial e coa vosa participación e que ademáis do tema da charla poderedes tratar todo aquelo que vos interese relacionado coa lactancia dos vosos pequenos e pequenas.

Reunións temáticas abril-xuño 2009

Agradecemos a vosa colaboración na difusión das reunións. Podedes imprimir o cartel e colocalo onde vos pareza, e comentarllelo ás persoas que pensedes que poidan estar interesadas.
Ademáis de nesta entrada, poderedes atopalo na sección difúndeo da coluna dereita.

Moitas grazas pola vosa participación.

viernes, 27 de marzo de 2009

Recordatorio

Hoxe agardámosvos no local da rúa García Portela 11 baixo de 17 a 19 horas na nosa reunión temática mensual, este mes sobre FERTILIDADE, EMBARAZO E LACTANCIA. Método MELA e lactancia materna en tándem.

miércoles, 25 de marzo de 2009

Recordatorio Raquel Schallman


Lembrámosvos que hoxe ás 17 horas no centro sociocultural de Fingoi haberá unha reunión da asociación O Parto É Noso coa presencia da parteira arxentina Raquel Schallman, escritora do libro Parir en Libertad.

lunes, 23 de marzo de 2009

Reunión temática de marzo

A reunión temática deste mes de marzo será sobre a fertilidade, a anticoncepción e a relación do embarazo coa lactancia, seguro que moitas de vós tendes dúbidas sobre algúns destes temas:

É aleitar sempre un método anticonceptivo?
Estou lactando e quedei embarazada, teño que destetar ó meu neno?
En que casos é perigoso seguir lactando durante o embarazo?
En que consiste un tándem?


Estas e outras dúbidas podedes plantexalas o vindeiro venres día 27 de marzo, de 17 a 19 horas coma semrpe no local da rúa García Portela 11, baixo.
Adicaremos os primeiros minutos a falar sobre o tema da FERTILIDADE, EMBARAZO E LACTANCIA. Método MELA e lactancia materna en tándem e despois encantaranos conversar con vós e compartir experiencias sobre estes ou outros temas.

Coma sempre agardámosvos acompañadas polos vosos bebés, nenos ou demáis compañía.

lunes, 16 de marzo de 2009

Raquel Schallman en Lugo

Cando das de mamar, case sempre antes pasaches por un parto, unha experiencia única que dá moito que falar, que sentir, e que pensar o resto da túa vida. Por ese motivo en Bico de Leite, tamén nos interesamos sobre os cómos e os porqués dos nosos partos, e atopamos de grande interese, a próxima reunión da asociación "O parto é noso" en Lugo. Será o mércores 25 de Marzo ás 17 hs. no Centro Sociocultural de Fingoi (Rúa Aviación Española, 22-24 Lugo)

Par saber máis: El Parto es Nuestro - Inicio, e O Parto é Noso

Se vos parece un tema interesante e queredes colaborar podedes axudarnos imprimindo o cartel da reunión e poñéndoo onde vos pareza. Tédelo tamén na sección DIFÚNDEO da coluna da dereita.

Cartel da reunión.



PARIR EN LIBERDADE

Así se chama o libro da sabia e experimentada comadroa arxentina Raquel Schallman “Parir en libertad” un fermoso título.

¿Que é o que nos pode dar esa liberdade?

Primeiro de nada a información ( a verdade faravos libres)... , cando sabes que é o que pasa, que é o que pode pasar, cales son as verdadeiras consecuencias de facer ou non facer certas cousas; entón podes decidir, podes elixir..., es libre.
Se non sabes nada de certo, ou se só che contan o que a alguén lle interesa que saibas, acabouse a elección, estás vendida, estás presa....
Despois, precisamos que as circunstancias sexan propicias; as circunstancias, cando vas parir, véñense a resumir nunha: en quen está o teu carón.
Hai tantas posibilidades coma persoas... Pero hai basicamente dous tipos de acompañantes no parto:

Os que teñen medo,ou presa ; e os que non teñen medo nin teñen presa.

Nos hospitais que temos en España case sempre hai medo, e presa, todo pode saír mal, todo se pode complicar, sempre pode haber unha emerxencia, os hospitais son o fogar das emerxencias...
Non son, en xeral, un bo sitio para un parto con liberdade. Son a casa dos partos dirixidos, intervidos, violentos, roubados, tristes...
Nas casas tamén pode haber medo, tamén pode haber emerxencias... Pero cando estamos nun lugar seguro e na compaña de alguén que nos dá seguridade, o medo pasa, a vida flúe...
Quen nos quitará as dúbidas? Quen nos dará a forza? Quen nos fará sentir que si podemos parir en liberdade?

Cada muller ten que atopar as súas respostas.

Raquel Schallman sabe bastante de todo isto, ela ten acompañado a moitas, moitas mulleres na procura desa liberdade para parir ben, non só para parir fillos vivos e sobrevivir...
Ela tamén acompañou a moitos profesionais que aprenderon a atender os partos guiados pola liberdade da muller e da vida, e non pola presa e o medo...
Todo precisa a súa aprendizaxe


Patricia.

domingo, 8 de marzo de 2009

Concurso Fotográfico Lactancia Materna Marina Alta 2009

Este ano 2009 é xa a decimoterceira edición deste concuros de fotografía organizado en Dénia polo Grup Nodrissa coa colaboración do Servicio de Pediatría do Hospital Marina Alta.

Aínda tendes tempo de participar enviando as vosas fotos antes do día 31 de marzo.

Podedes consultar as bases do concurso e os premios, que como veredes son moitos, así que hai moitas posibilidades de gañar algún.

Foto gañadora do premio "Mellor fotografía" na pasada edición
Podedes visitar as fotos premiadas en anos anteriores.

Animádevos a difundir a imaxe dunha nai aleitando ó seu fillo como algo normal e natural.

lunes, 2 de marzo de 2009

Camisetas lactancia kukuxumusu+bokart


En Bico de leite temos camisetas de adulto a 12€ e de bebé a 10€ con este precioso e divertido debuxo de kukuxumusu+bokart en varias cores e tallas.

Temos tamén postais co debuxo a 0'50€.

Mercándoas colaboras na compra de material de préstamo para as nais e de actividades de divulgación da lactación materna.

Se estás interesad@ nalgunha para ti ou para un agasallo e queres consultar as que temos dispoñibles ponte en contacto connosco no noso enderezo de correo electrónico: bicodeleite@yahoo.es, ou pásate polas nosas reunións para velas diretamente.