sábado, 12 de octubre de 2024
Espazo para aleitar no San Froilán 2024
lunes, 7 de octubre de 2024
Reunión de nais martes 8 de Outubro 2024
miércoles, 25 de septiembre de 2024
lunes, 9 de septiembre de 2024
martes, 6 de agosto de 2024
Agradecementos festa biqueira SMLM 2024
En Bico de leite comezamos a Semana Mundial da Lactación Materna (SMLM) cunha festa ao grande.
Queremos agradecer a todas as familias que compartiron con nós esta marabillosa tarde do xoves 1 de agosto.
Ata o tempo foi o noso aliado!!!
Enviamos o noso máis sincero agradecemento a:
* Exmo Concello de Lugo, Concellería de Benestar Social de Maiores, por facilitarnos os espazos
* Total Sport polos seus divertidos xogos con monitoras dedicadas aos cativos
* Manuel Manuel pola deliciosa merenda e o servizo atento a cada detalle
* Lore Lavand e o seu equipo pola súa chispa, profesionalidade e por deseñar un espectáculo personalizado para a nosa causa: emotivo, vibrante e divertido... "pura maxia"
* Praline para o deseño exclusivo das nosas galletas decorativas para regalarvos, elaboradas con cariño e detalle, deliciosas... mmmm
* Jacobo por materializar a tecnoloxía que nos permitiu alzar a voz e dar visibilidade ao lema deste 2024...
* Asason polas cadeiras cómodas e mesas de apoio útiles
* El Progreso, por amosar interese nesta actividade e axudarnos a colocar a lactación materna no lugar que merece
* Todas as socias que puxeron o seu grao de area para organizar e facer realidade este soño.
#SMLM2024 Pechando a brecha: apoiando a lactación materna para todas
No 2025 seguiremos celebrando e visibilizando o mellor agasallo para as nosas crianzas... e no camiño apoiando e axudando ás familias biqueiras que confían en nós.
Grazas
martes, 23 de julio de 2024
Festa biqueira Semana Mundial da Lactancia Materna 2024
Bico de leite convídavos a celebrar connosco a Semana Mundial da Lactancia Materna 2024, o vindeiro xoves 1 de agosto pola tarde cunha festa familiar moi especial
Esperamos vervos a moitas familias dende as 17:00 h ata as 20:00 h ao fondo do parque de Frigsa, fronte ao centro social da Milagrosa e a biblioteca municipal.
Haberá xogos, merenda e ... ¡¡¡ maxia con Lore Lavand !!!
Co lema “Pechando a brecha: apoiando a lactación materna en todas as situacións”, a SMLM 2024 céntrase na importancia de que todas as nais que queiran poidan amamantar con éxito aos seus fillos, independentemente das diversas circunstancias de cada muller e de cada familia.
Queremos que sexa un lugar cómodo, nun entorno natural que conta con:
- prazas de aparcadoiro para familias que se desprazan en coche con carriños de bebés
- zonas próximas de xogo infantil e sombras naturais.
Contamos coa inestimable colaboración do Concello de Lugo , que sempre apoia ás asociacións sen ánimo de lucro, en especial a Concellería de Benestar Social.
Agardámosvos !!!!