viernes, 27 de febrero de 2009

Recordatorio

Hoxe venres 27 de febreiro terá lugar a nosa reunión temática mensual co tema da volta ó traballo e a extracción de leite.

Coma sempre no local da rúa García Portela 11, baixo, de 17 a 19 horas.

viernes, 20 de febrero de 2009

Reunión temática de febreiro

O vindeiro venres día 27 de febreiro terá lugar no local da rúa García Portela 11, baixo, de 17 a 19 horas a reunión temática deste mes que tratará o tema da volta ó traballo e a extracción do leite.

Haberá unha pequena charla inicial con información sobre este tema e despois poderemos conversar das nosas experiencias sobre este ou outros temas, así como plantexar dúbidas que teñamos sobre calquera aspecto da lactancia.

Este ano editouse un Manual de extracción, conservación e utilización do leite materno por parte de FEDEGALMA coa colaboración da Consellería de Sanidade e co apoio da Iniciativa Hospital Amigo de los Niños, UNICEF, o Comité de Lactancia Materna da Asociación Española de Pediatría e a Asociación Galega de Matronas.
Podedes atopalo en pdf aquí na sección difúndeo da coluna dereita e máis na sección de recursos da páxina web de FEDEGALMA, e ademáis en edición impresa no voso grupo de apoio máis próximo en Galicia.

Agardámosvos o venres cos vosos meniños.

viernes, 6 de febrero de 2009

Somos

Bico de Leite somos mulleres, somos nais, e tamén somos nenas e nenos, pais, avós e avoas, amigas e amigos...

Bico de leite é tamén un lugar, un punto de encontro, un sitio distinto onde damos teta, pero tamén onde damos outras cousas, damos alento e agarimo, damos información e comprensión, damos axuda práctica, algunhas respostas, pero tamén alguns interrogantes... para seguir aprendendo.

Bico de Leite é unha parte, un nó dentro dunha rede global, dunha trama formada por moitos grupos e moitas persoas unidos por uns fins e un sentir común, algo que se atopa cando decides aleitar e sobre todo cando comezas a aprender algo mais sobre o que iso significa, para as nenas e nenos, para ás nais, para as familias, e para toda a sociedade.

Bico de Leite é un soño, onde todas as nais que o desexan poden amamantar todo o tempo que elas e os seus meniños queren, onde o sistema sanitaro e o entorno social e familiar están para axudar, para aplaudir e para alentar, e non para xulgar, prexuzgar e poñer trabas.

Bico de leite é unha loita e un sentimento, é un saber que é posible construir un mundo mellor...

O noso nome

Bico de leite é un xogo de palabras que expresa o sentido profundo do acto de aleitar...

Por unha banda está o significado de bico na expresión "bico do peito", facendo referencia á mamila, como reflexo do aspecto fisiolóxico da lactancia, a lactancia como proceso nutritivo...

E por outra está o sentido de bico coa súa acepción habitual, coma aloumiño, recollendo o aspecto emocional do feito de aleitar, o vínculo de contacto íntimo, ese bico físico que nai e fillo intercambian con todo o seu ser e que convirte a lactancia materna en moito máis ca un proceso nutritivo.

Algunhas de nós

Susana
Vanessa
Mari
Arantxa
Raquel
Catuxa
Rosana
Patricia

domingo, 1 de febrero de 2009

Contacto




Para calquera consulta podedes poñervos en contacto connosco a través do correo electrónico no enderezo: bicodeleite@yahoo.es

E tamén nos teléfonos de consultoría:

En Lugo:
Esther 629 83 60 08
Arantxa 982 15 06 18 / 608 44 65 03
Chus 619 94 57 93

Na Mariña:
Montse 649 75 59 81. (Atende as consultas do grupo de Foz y Burela)

En Vilalba e Viveiro:
Beni 630 58 17 46